Decembro de 2011
 
 

12/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Comunicado da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

Ante as declaracións realizadas polo presidente de Galicia Núñez Feijoo nun programa de televisión sobre a súa intención de cobrar servizos non médicos nos hospitais públicos galegos , a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere manifestar:

 

  • Noticias relacionadas

  • 1.- Que esta medida supón outro paso máis na introdución do copago na sanidade pública galega, que se suma ao cobro pola tramitación dos cartóns sanitarios; o bloqueo do cartón aos parados de longa duración perdan o dereito ao desemprego; aos emigrantes con menos de 183 días empadroados; o pago por unha demanda irresponsable (¡¡¡????), o pago por adiantado das próteses dos enfermos que as necesiten; o pago por transporte en ambulancias, etc.
     
    2.- Esta medida supón un grave atentado á equidade xa que diferenciará entre pacientes con recursos económicos e os que non os teñan á hora de recibir determinados servizos nos hospitais públicos.
     
    3.- Neste mesmo sentido a medida suporá una barreira a atención hospitalaria para moita xente: O 60% das persoas que viven dun soldo gañan menos de 1.000 euros ao mes; existen 253.000 de parados na CCAA; a pensión media de Galicia está ao redor dos 600 euros ao mes. Con estes ingresos moitos pacientes deberán renunciar a comer, á ducha, ao cambio de roupa etc., ou simplemente abandonar o hospital
     
    4.- É imposible diferenciar entre servizos sanitarios e non sanitarios na asistencia hospitalaria, xa que a limpeza, esterilización, hixiene persoal, alimentación, etc. son tan importantes como os de diagnóstico ou terapéuticos. No Reino Unido por mor da privatización dos servizos de limpeza subiu a mortalidade hospitalaria ata colocala á cabeza de Europa
     
    Por todo isto a AGDSP esixe que o presidente rectifique estas propostas que non formaron parte da súa campaña electoral. O diñeiro que se obtería será unha menudencia se o comparamos co gasto hospitalario en medicamentos ou probas innecesarias, non decididas polos pacientes.
     
    Manuel Martin garcia

    Portavoz AGDSP

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript