Decembro de 2011
 
 

12/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O 60 % das familias pasa apuros para chegar a fin de mes

Chegar a fin de mes preséntase como unha quimera para a inmensa maioría das familias, que ven como o paro e a mala situación da economía en xeral son unha pesada laxa para as súas finanzas. A inmensa maioría ve no desemprego o gran freo aos seus proxectos e aos do país, e recoñece que nin consome hoxe nin consumirá o ano que vén.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

     

    Ese é o panorama que debuxa o Indicador de Confianza do Consumidor que, por primeira vez, realiza o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS). O traballo revela unha lixeira mellora nos cocientes globais de confianza sobre o presente e o futuro ecomómico, pero as súas reviravoltas deixan ben claro o mal momento que atravesan os fogares.
     
    E é que á hora de describir a situación familiar, o 40,5 % dos enquisados reconocde que chega «xusto» a final de mes. A esa porcentaxe súmase outro 14,2 % que recoñece dificultades para cadrar as contas, polo que se ve obrigado a botar man dos poucos ou moitos aforros que existan na casa, e outro 6,6 % que, directamente, vese na obrigación de endebedarse aínda máis para liquidar a papeleta. En definitiva, o 61,3% teno complicado para saldar o balance mensual. Un grupo que contrasta co 34,5 % que di poder aforrar un pouco e o afortunado 4,3 % que asegura que a final de mes queda un remanente de «bastante diñeiro». E é que nove de cada dez ten claro que a súa situación é igual ou peor que hai un ano.
     
    De cara ao futuro, aparece o optimismo: o 44 % cre que seguirá igual dentro de seis meses e un 24% opina que estará mellor, o mesmo porcentaxe que opta polo contrario e vaticina que lle irá peor. Entre os optimistas, a razón para a alegría está sempre ligada ao emprego; ben porque un dos membros da familia encoentrará traballo ben por unha subida de soldo. Os pesimistas optan polo negro como cor vital pola alza dos prezos ou por unha caída dos ingresos esperados a causa, unha vez máis, do paro.
     
    O que non deixa marxe para a alegría é o consumo, outrora un dos motores da economía nacional e estatal. Entre o 74 % e o 93 % dos enquisados afirma non comprar no último medio ano consumibles como coches, mobles ou electrodomésticos. ¿E compraranos en 2012? A resposta é abafadora: un 87,3 % cre que realizará o mesmo nivel de compras ou inferior.
     
    A cola do paro é a pantasma máis temida. O 71,7 % dos cidadáns consultados ten algún familiar ou coñecido no paro. E o 70 % asegura que atopar un emprego é hoxe máis difícil que hai un ano. Con esas vimbias, aforrar é tamén complicado: só un de cada dez cre que o conseguirá durante o 2012.
     
    O traballo do CIS, baseado nunha enquisa a 1.000 persoas realizada entre os pasados días 21 e 24 de novembro, xusto logo das eleccións xerais, apunta a novas subidas de prezos de bens e servizos. Máis inflación. Case a metade dos cidadáns (o 49,1 %) cre que o IPC subirá o próximo ano, e o 35,4 % calcula que se manterá igual (3 %). Só un 8,3 % opta por un abaratamento da vida.
     
    Os tipos de interese, a cadea que ata a boa parte das familias a través da súa hipoteca, tampouco permiten alegrías: o 40 % conta cunha subida de tipos e o 35,3 %, cun estancamento. Hoxe o prezo oficial do diñeiro na eurozona está no 1,25 %, aínda que crece a presión ao Banco Central Europeo (BCE) para que baixe esa referencia. Quizá como consecuencia desa visión sobre o custo dos créditos, o 95,4 % dos consultados declara que non ten plans de comprarse unha vivenda ao longo do próximo exercicio. Aquí, a seca do crédito que impoñen as entidades financeiras tamén ten moito que ver.
     

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript