12/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Banca queda co diñeiro dos prexudicados no terremoto de Lorca
ADICAE e o Valedor do pobo sinalan as decenas de denuncias dos prexudicados. O alcalde pediu calma.
Con motivo de amortizar a débeda dos
préstamos hipotecarios, a banca está a actuar
en Lorca de xeito legal, pero non de todo
ético, segundo os seus críticos.
A Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e
Seguros de España (ADICAE) considerou hoxe de
«lamentable» a actitude da Banca en Lorca. O
Valedor do pobo na Rexión de Murcia, José Pablo
Ruiz Abellán, recibiu as queixas de decenas de
afectados denunciando que as entidades
bancarias están a quedar o diñeiro procedente
do Consorcio de Seguros, coa finalidade de
amortizar a débeda do préstamo hipotecario.
«A Banca está a quedar co diñeiro que o
Consorcio de Seguros paga a aqueles que
perderon a súa vivenda polo terremoto
acontecido en Lorca (Murcia), o pasado 11 de
maio,». Así o denunciou Ruiz Abellán. ADICAE
considerouno unha actitude «deplorable e
vergonzosa» por parte da Banca, cuxo fin é
«amortizar a débeda do préstamo hipotecario».
Ruiz Abellán denunciou que os afectados non
saben como comezar a construír unha nova casa
posto que quedaron sen domicilio e sen diñeiro
por culpa desta actuación abusiva das entidades
financeiras. A xuízo do Valedor do pobo, as
entidades financeiras deben considerar como
garantía hipotecaria o diñeiro que chega do
Consorcio de Seguros, en lugar de apropiarse
destas cantidades para amortizar as hipotecas
que teñen vixentes os afectados polo sismo.
Ruiz Abellán reclama as entidades de crédito
que consideren o diñeiro do Consorcio «en plan
finalista, de forma que sirva de garantía da
débeda que tiña o propietario da vivenda co
banco e llelo vaian dando conforme se vaia
construíndo a nova». Engade que «decenas de
afectados se dirixiron á devandita institución
denunciando esta lamentable actitude das
entidades financeiras».
ADICAE denunciou que «esta actitude das
entidades financeiras volve poñer de manifesto
que o único que lles importa, en realidade, é o
seu propio beneficio». Os afectados, non
obstante, deben ter en conta unha serie de
aspectos de índole xurídico, dispoñibles no
seguinte
documento que redactou no seu día o
Departamento de Servizos Xurídicos de ADICAE,
que está a asesorar a decenas de lorquinos
sobre como acceder ás axudas para reconstruír
as vivendas sinistradas.
En opinión de Santiago Pérez, secretario de
ADICAE:«a cláusula na que as indemnizacións de
determinados seguros se destinan directamente
ao banco como beneficiario é por desgracia moi
habitual e pode conducir a situacións
dramáticas ou inxustas, como a que agora ten
lugar. É necesario que se aprobe
lexislativamente que as indemnizacións que o
Consorcio concede en caso de catástrofe vaian
parar directamente o usuario e se arbitre un
procedemento de mediación coas entidades
financeiras no que participen asociacións de
consumidores como ADICAE para que se poida
alcanzar unha solución satisfactoria para a
entidade e para o usuario, que poida reiniciar
unha nova vida en momentos tan difíciles. No
caso de Lorca sería necesario, por exemplo, que
as entidades financeiras que se están a quedar
estas indemnizacións outorgasen préstamos a
custo cero ou moi reducido ás familias
afectadas».
En contradición con estas declaracións, o
alcalde de Lorca, Francisco Jódar, lanzou hai
uns días unha mensaxe de tranquilidade aos
lorquinos afectados polos terremotos.
«Non» hai «constancia oficial de que houbese
denuncias masivas neste sentido -matizou o
máximo responsable do concello lorquino-. Si é
certo que se deron casos particulares, que se
puxeron en coñecemento do Concello de Lorca e
interviñemos como intermediarios. A solución
que se acordou coas entidades é crear unha
conta a prazo fixo na que se ingresa o diñeiro
da indemnización do cliente. Desta forma, o
banco ou a caixa conta co aval de que manterá o
seu dereito sobre o ben hipotecado cando este
se reconstrúa e, por outro, os cidadáns teñen
garantido o diñeiro que debe ir á
reconstrución, xa que só se poden sacar fondos
a medida que se vaian presentando
certificacións de obra,».
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript