12/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A banca necesita 26.000 millóns
A Autoridade Bancaria Europea (EBA, polas súas siglas en inglés) confirmou que as entidades sistémicas necesitan 114.700 millóns para recapitalizarse, e os cinco grandes bancos do estado (Santander, BBVA, Bankia, CaixaBank e Popular) necesitan un total de 26.170 millóns de euros de capital adicional.
Unha cifra case idéntica aos 26.161
millóns estimados inicialmente, para cumprir,
antes do 30 de xuño do ano próximo, cun
coeficiente de capital do 9 % respecto da cifra
dos seus activos calculados en función do
risco. Esta esixencia aplícase aos bancos que
poden contaxiar ao resto se incorren en falta
de pagamento dos seus compromisos.
Aínda que se lles reclama un esforzo
considerable, o máis importante a realizar logo
de Grecia, cuxas entidades precisan 30.000
millóns, todas as entidades españolas afectadas
puxeron de manifesto que cumprirán a imposición
sen ter que acudir ás axudas públicas. O
principal cambio introducido nas estimacións
definitivas da EBA afecta á banca alemá, para a
que se duplicaron as esixencias -desde
O estado español mantense como o segundo país
con maiores requirimentos por detrás de Grecia.
O grupo Santander viu lixeiramente elevados os
requermientos desde
O negocio dos rescates, Josep Oliu
queda coa CAM por un euro
Ao Banco de España, ou sexa, a
todos os cidadáns, vainos saír a broma por
5.249 millóns de euros máis o 80% dunhas perdas
que se calculan en 24.000 millóns de euros,
máis o lucro cesante dunha liquidez prevista de
14.000 millóns de euros. E o peor, a decisión
do Goberno senta o peor precedente para o resto
de entidades en crise. Os cidadáns imos pagar
impostos durante lustros para pagar a reforma
bancaria do capital. Así tamén saneo eu.
Ide preparando as carteiras.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript