Decembro de 2011
 
 

12/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

'Zetajoy', con 'Merkozy'

Como este ano na política europea se leva o modelo centauro, que puxeron de moda Alemaña e Francia con ese Merkozy que ten corpo de Sarko e cabeza de Angela, aquí improvisamos noso propio modelo de político híbrido: o que arredor dunhas amigables canas formaron os dous presidentes de goberno, o saínte e o entrante, e que non sei se deberiamos chamar Rajatero, Zapajoy ou, para aproximalo máis ao seu ideal francoalemán, o deixamos en Zetajoy.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

     

    Dentro da campaña "devolvamos a confianza aos mercados", PP e PSOE están a escenificar un superbo rolo no traspaso de poderes, e asegúrannos que Rajoy e Zapateiro, ademais de facer manitas políticas na comida do día da Constitución, falan por teléfono todos os días un momentiño, parece que con moi boa química.
     
    Non cremos que o romance vaia a maiores e acaben fusionándose en partido único, un PPSOE, pero por agora todo son promesas de lealdade, e cantos á unidade e a superación de diferenzas para salvar España. Pois será todo o tranquilizador que queiran para os mercados, pero a outros inquiétanos.
     
    De entrada, o primeiro xesto de unidade do siamés Zetajoy foi a súa adhesión inquebrantable ao eixe Berlín-París: apuntámonos á proposta de reforma de Merkozy antes que ninguén, sen coñecer aínda moitos detalles desta, e cando cada vez máis voces rexeitan en Europa que os gobernos francés e alemán collan o leme pola súa conta. Empezando polos seus propios países, onde os socialdemócratas denuncian a "xermanización" de Europa, a obsesión co déficit e a reforma do Tratado proposta. Faría ben Zapateiro, entre cana e cana, en atender ás recentes palabras do ex chanceler Helmut Schmidt, do SPD, ou ás do francés Hollande.
     
    Pode que a reforma de Merkozy non chegue moi lonxe, pois enfróntase a non poucos receos e dificultades. De feito, talvez o propio Sarkozy non estea para contalo, xa que ten presidenciais en primavera. Pero dá igual: aínda que fracasen, nós facemos os deberes por adiantado, antes de que nolos poñan. Que aplicados.
     

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript