Decembro de 2011
 
 

05/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O presidente dos farmacéuticos, confirma a retirada da tarxeta sanitaria aos parados

Ata agora, non había moitos casos, pero empezan a notarse",aseguró Rodriguez Dacal quen se mostrou perplexo por que suceda algo así nun país onde a asistencia sanitaria é universal.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

    Así o asegurou Xosé Rodríguez Dacal a Raio Voz. "Ata agora, non había moitos casos, pero empezan a notarse",aseguró Rodriguez Dacal quen se mostrou perplexo por que suceda algo así nun país onde a asistencia sanitaria é universal, como pon de manifesto "o que se atendan a todas as persoas que chegan de fóra" e prívese deste dereito "a unha persoa que, enriba, se quedou sen traballo".
     
    A denuncia fora feita pola CIG dende onde se asegurou que os desempregados residentes en Galicia que levan máis de 12 meses no paro quedan de forma automática sen tarxeta sanitaria. Bloquéaselles a tarxeta sen previo aviso, algo do que se decatan no momento de chegar á consulta, e ata que non reciben a que os acredita como persoas sen recurso, non teñen acceso á sanidade pública. Mentres tanto deben pagar a consulta e o tratamento farmacolóxico que lles prescriba o médico", asegura a central sindical.
     
    Segundo os seus datos,
    " máis de 65.000 persoas" poderían verse afectadas, sen que os prexudicados o saiban porque a Xunta non notificou o cambio. "Todo levouse a cabo con nocturnidade e aleivosía", resáltase dende a CIG que afirma estes parados poidan quedarse sen tarxeta oscila entre oito e dez meses", que é o que tarda a expedición do novo documento acreditativo.
     
    Pola súa banda, a Xunta remitiuse a un comunicado do día 17, no cal asegura que "case mil persoas solicitaron dende o pasado setembro acollerse ao código 29, dirixido para traballadores discontinuos" e engade que, así,
    "se lles facilita aos desempregados o dereito de forma continuada á asistencia sanitaria pública sen ter que tramitar o recoñecemento cada vez que comezan" a "traballar"

     

     

     

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript