Decembro de 2011
 
 

05/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

A Sanidade convértese xa no cuarto maior problema dos cidadáns

A sanidade converteuse no cuarto maior problema dos españois, segundo o barómetro do CIS de novembro. Nunca antes estivera entre os cinco primeiros postos da lista.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

    A sanidade converteuse no cuarto maior problema dos españois, segundo o barómetro do CIS de novembro. Nunca antes estivera entre os cinco primeiros postos da lista. Para o 7,7% dos enquisados constitúe a súa principal preocupación, por detrás do paro, os problemas económicos e a clase política. A inquietude polo sistema público de saúde experimentou un considerable aumento nos últimos meses.
     
    Tras as eleccións autonómicas de maio, as consignas de austeridade para controlar o déficit público elevaron o temor dos cidadáns a que os recortes se materialicen nos servizos públicos. Os presidentes autonómicos chegaron ao poder coas arcas baleiras e a determinación de aplicar políticas de axuste ante a necesidade de cumprir co obxectivo do 1,3%. Dende entón as comunidades encararon un recorte de máis de 5.000 millóns de euros. Cataluña foi, de momento, a máis dura nas súas medidas. Peche de ambulatorios, eliminación de camas, recortes de persoal...
     
    No medio deste panorama a preocupación pola sanidade disparouse. En xullo só inquietaba ao 4,3% dos españois, e situábase no décimo lugar da lista de principais problemas. En novembro a porcentaxe elevouse ata o 7,7%, unha décima menos que no mes anterior pero un posto por enriba. (En setembro (6,10%) xa escalou ata o sétimo).
     
    A pesar das continuas mobilizacións e folgas contra os recortes no ensino dos últimos meses, a preocupación pola educación diminúe en medio punto con respecto a outubro. Pasa do 6,2% ao 5,7% e baixa ao oitavo posto da lista. A preocupación pola vivenda, non obstante, si aumenta considerablemente. O 6% dos enquisados a cita fronte ao 4,2% que o fixo o mes pasado.
     
    Coa taxa de desemprego por enriba dos cinco millóns e unha incerteza constante sobre a prima de risco, parece lóxico que os principais problemas dos españois continúen sendo o paro (83%) e os problemas de índole económica (48,2%). Oito de cada dez enquisados ven a situación económica mala ou moi mala, o mesmo número que no último barómetro.
     
    O estudo realizouse entre o 2 e o 9 de novembro, coincidindo co inicio da campaña electoral. Esta circunstancia non fixo que a clase política e os partidos políticos deixasen de converterse na terceira maior inquietude dos enquisados, se ben cun 22,6% baixa nun punto a valoración respecto do mes de outubro.

     

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript