Decembro de 2011
 
 

05/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Outra reforma laboral

A semana pasada Rajoy recibiu aos “interlocutores sociais” para reclamarlles o acordo para unha nova volta de torca, trátase, como non podía ser doutro xeito, de arranxar os cabos soltos que deixou pendentes a reforma laboral imposta polo PSOE.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

     Durante as semanas previas ás eleccións xerais, Rajoy asegurou que unha das súas prioridades se se convertía no próximo presidente do Goberno sería acometer unha reforma laboral co obxectivo de empezar a crear emprego e este foi un dos compromisos que trasladou nas conversacións telefónicas que mantivo con dirixentes europeos dende que gañou as eleccións.
     
    No programa electoral que o PP presentou uns días antes do cal comezase a campaña, os 'populares' xa se comprometían a poñer en marcha unha "reforma integral do mercado de traballo" que supuxese un "cambio coherente e coordinado da contratación, a negociación colectiva, o sistema de relacións laborais, a formación orientada ao emprego e a intermediación".
     
    Ademais, avanzaba que se simplificaría a tipoloxía de contratos laborais e se reformaría a estrutura e contidos da negociación colectiva, de maneira que cada materia se negocie nun ámbito territorial ou sectorial "óptimo".
     
    Tamén incluía a creación dun fondo de capitalización individualizado para cada traballador --seguindo o modelo austríaco-- que contemple a cobertura fronte ao desemprego e que favoreza a mobilidade e a formación continua.
     
    As súas 71 emendas
     
    Á marxe destas medidas, Rajoy asegurou que a base da reforma laboral que propoñerán se encontra nas 71 emendas que presentou o Grupo Parlamentario Popular no Congreso ao proxecto de lei de reforma laboral do Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero e que foron rexeitadas polo PSOE.
     
    Nestas emendas, o PP propoñía un procedemento xeral de descolgue de convenios colectivos mediante acordo entre o empresario e os representantes dos traballadores, prevendo a posibilidade de que a Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos ou o órgano tripartito de carácter autonómico corrrespondiente o autorice determinando as novas condicións de traballo aplicables á empresa.
     
    Tamén formulaba que os sindicatos e organizacións empresariais máis representativas de carácter estatal e de comunidade autónoma poidan ordenar e articular a negociación colectiva e contemplaba a "revisión" do convenio colectivo para que, sen necesidade de denuncia e por acordo das partes con lexitimación peronal "poidan revisarse os convenios colectivos en vigor, de forma natural e nun contexto de paz social,".
     
    E todo isto en prol do "fortalecemento" da flexibilidade interna na empresa, para o que tamén propugnaba a modificación dos artigos 22 e 39 do Estatuto dos Traballadores, "facendo do grupo profesional o eixe da clasificación profesional e o límite da mobilidade funcional no seo da empresa".
     
    Así mesmo, falaba de estender o contrato de fomento do emprego, sauvizando as condicións de acceso para incentivar os empresarios á contratación estable", de forma que non sexa necesario que o traballador teña que pasar tres meses en situación de desemprego antes de acceder a esta modalidade contractual, que inclúe unha indemnización de 33 días por ano traballado.
     
    Tamén pedía reformar o procedemento de suspensión do contrato e redución da xornada por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción "distinguindo entre as suspensións e reducións individuais e colectivas" para permitir que as empresas e os traballadores poidan manter os contratos de traballo e adaptarse ás novas necesidades "de modo que o despedimento sexa a última opción".
     
    Modificación do dereito de folga
     
    No paquete de emendas incluíase igualmente unha proposta para que non poidan adoptarse medidas de folga ou conflito colectivo que teñan por obxecto alterar durante a súa vixencia o pactado nun convenio colectivo, aínda que se negocio a súa revisión.
     
    A emenda --á que o PP non fixo referencia posteriormente-- afectaba ao Estatuto dos Traballadores e enmarcábase nas súas iniciativas para "fortalecer" a flexibilidade interna da empresa e o descolgue dos convenios.

     

     

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript