05/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A negociación colectiva está a ser atacada para recortar os salarios
A negociación colectiva afecta no Estado a máis de dez millóns de traballadores acollidos a cinco mil convenios e a máis de 1.400.000 empresas. Ademais, redistribúe a metade o PIB nacional.
A negociación colectiva está a ser
atacada por distintas institucións
internacionais, como o Fondo Monetario
Internacional, a UE, e a OCDE.
A causa?
Nesta crise de carácter financeiro, que no
Estado está a devastar o emprego, non se poden
utilizar fórmulas tradicionais, como a
depreciación da moeda, e pretenden desvalorizar
os salarios
A negociación colectiva é cuestionada pola
sinxela razón de que queren recortar os
salarios e, por iso, formulan, dun xeito
alambicado, que pretenden achegar a negociación
colectiva á empresa. Iso é tanto como dicir que
se pretende excluír a máis do 90% dos
traballadores dos convenios colectivos, de que
teñan unha garantía dos seus dereitos
individuais e colectivos e de que teñan unha
protección deses dereitos.
No Estado predominan as microempresas e máis do
97% do emprego xerano empresas de menos de 50
traballadores. Formular que eses empregados se
poidan saír dos convenios sectoriais,
territoriais, estatais, autonómicos ou
provinciais é tanto como dicir que non haxa
negociación colectiva, o que sería inxusto,
lesivo para os traballadores e un atraso dende
o punto de vista democrático.
Fonte, Xornais
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript