05/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Grecia prescinde de 16.000 funcionarios para aforrar
Un primeiro grupo de 16.000 funcionarios gregos pasaron nestes últimos días ao status de "reserva" ou foron xubilados, dentro dos plans do Goberno de retirar uns 35.000 funcionarios nos próximos meses para reducir os gastos da administración.
Dese primeiro grupo,
10.000 empregados públicos que teñen que
xubilarse en 2013 cobrarán o 60 por cento do
seu soldo durante un ano, prazo tras o que se
valorase se poden volver ser contratados, e sen
dereito a unha indemnización se finalmente son
despedidos.
Outras 6.000 funcionarios, que nalgúns casos
superaron a idade de xubilación, abandonarán os
seus postos para converterse en pensionistas.
A partir do 1 de xaneiro pasarán a esa reserva
outros 12.000 funcionarios, aos que faltan dous
anos para xubilarse e cuxos postos serán
eliminados no proceso de fusión ou peche de 36
empresas e organismos públicos.
Os plans do Executivo son desprenderse ata 2015
de 300.000 funcionarios. Ata a data, uns
170.000 prazas quedaron xa libres mediante
xubilacións anticipadas ou non substitución de
baixas.
Un grupo de empregados da Aviación Civil
afectados a partir de hoxe polo programa de
"reserva" protestaron contra a medida coa
ocupación das oficinas desta institución en
Atenas.
Tamén, os xornalistas da axencia estatal ANA e
a radio e a televisión públicas convocaron unha
folga de 12 horas en protesta contra a redución
do persoal que sobrará debido ao previsto peche
dunha das canles estatais e contra o recorte
xeneralizado dos equipos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript