05/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Xunta pedirá ´ novos esforzos ´ aos galegos para saír da crise
Como non podía ser doutro xeito, Galicia non vai ser unha illa no mar de recortes, e menos cun goberno neoliberal que leva no sangue a eliminación dos servizos públicos para entregarllos aos seus “amigos” capitalistas.
A Xunta aboa o terreo para aplicar novos recortes. E para facelo, segundo argumenta, conta co respaldo dos cidadáns. Por que? Polo apoio electoral na cita do 20-N. Os catro deputados máis que conseguiron os populares galegos nas eleccións xerais -un máis por cada provincia-, son para o número dous do PP de Galicia e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, un aval ás medidas adoptadas polo Goberno de Feijóo nos seus dous anos e medio de lexislatura. A Xunta, en opinión de Rueda, "sae referendada" tras estes comicios. E con este punto de partida, o secretario xeral do PP galego anunciou onte que pedirán "novos esforzos" e "sacrificios" aos cidadáns, aínda que sen detallar cales.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript