Decembro de 2011
 
 

05/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Cospedal calca o modelo de recortes catalán

Baixa os soldos públicos, privatiza a xestión dos hospitais, eliminará a gratuidade de libros de texto, reducirá o orzamento da universidade, impulsará os centros concertados….

 

  • Noticias relacionadas

  • María Dolores de Cospedal anunciou xa a súa segunda batería de recortes. É a máis brutal. Tesoira en man, a presidenta de Castela-A Mancha decantouse por adoptar o modelo que aplica Esperanza Aguirre na Comunidade de Madrid, cuxos recortes en educación provocaron nove folgas, e avanza os 'axustes que, previsiblemente, acometerá Mariano Rajoy cando desvele dunha vez cales son os seus plans.
     
    A segunda tesoirada de Cospedal supón "dinamitar" o estado do benestar, deixar "ferida" a educación pública e converter os servizos sociais en "pura beneficencia",

    • Aumenta 2,5 horas a xornada laboral dos traballadores públicos
    • Recorta un 3% os soldos públicos
    • Incorpora a xestión privada a centros hospitalarios
    • Termina coa gratuidade total dos libros de texto para todos os escolares
    • Revisará o baremo de aplicación da lei de Dependencia
    • Conxelará a obra pública e non se subirán os impostos

     

    Os recortes céntranse, fundamentalmente, nos funcionarios e na Sanidade pública e educación pública, xa que a presidenta rexional rebaixará os soldos aos empregados públicos, aumentará a súa xornada laboral e implantará a xestión privada en varios hospitais da rexión. Ademais, impoñerá recortes en educación, onde rematará coa gratuidade dos libros de texto, recortaranse 53 millóns en subvencións universitarias e contrataranse interinos só ata o 30 de xuño. Por outro lado, conxelarase a obra pública, deixarase de construír 800 vivendas públicas e suprimirá a axuda á cooperación internacional.
     
    Non queda aí o recorte ao público. O Executivo rexional reducirá en 12,5 millóns as achegas á televisión pública manchega, sobre a que segue planeando a ameaza de privatización. Por outro lado,
    Cospedal impón austeridade aos seus conselleiros, aos que quitará as pagas extra e aos que controlará as facturas que se presenten por comidas ou almorzos, que nunca poderán superar os 18 euros por comensal. Os coches oficiais de marca Audi subhastaranse e substituiranse por coches de gama media contratados mediante renting.
     
    Recortes aos funcionarios
     
    Os preto de 70.000 empregados públicos verán aumentada a súa xornada laboral en 2,5 horas, pasando de 35 horas semanais a 37,5, mentres que os seus salarios se recortarán un 3% "con carácter transitorio" a través dunha rebaixa do 10% do complemento específico e asimilado dos seus soldos.
    Cospedal asegura que co seu plan supoñerá un aforro de 350 millóns de euros, e concretou algunhas do primeiro, cifrado nun aforro de 1.815 millóns, dos que xa aforraron 220, segundo a presidenta rexional.
     
    Sanidade: xestión privada e recortes
     
    Aplicará medidas para frear a "demanda inapropiada" dos servizos sanitarios
     
    En canto aos hospitais,
    Cospedal explicou que a entrada da empresa privada terá lugar nalgúns centros sanitarios da rexión que son actualmente "inviables". Afectará aos hospitais de Almansa, Villarobledo, Pomares e Tomelloso. Non obstante, a conservadora intentou restar gravidade ao cambio ao asegurar que os cidadáns "non" van notar cando entren a un centro sanitario nada diferente do que notan agora". Ademais, recorrerase a fórmulas publico-privadas para construír os hospitais de Toledo, Cuenca e Guadalajara.
     
    Malia que descartou, polo momento, a implantación do copago sanitario, a secretaria xeral do
    PP afirmou que si se aplicarán medidas para poñer freo ao que considera unha "demanda inapropiada" dos servizos sociosanitarios, que chega "ata límites ás veces impensables".
     
    Ademais, os profesionais sanitarios retiraranse cando cumpran a idade de xubilación, non se subirán os complementos por carreira profesional, reduciranse os de incapacidade temporal transitoria e perseguirase o absentismo laboral inxustificado, que para a conservadora é "absolutamente desproporcionado" en Sanidade. Para isto último, deberase presentar a baixa o primeiro día de enfermidade e non o cuarto.
     
    Educación: redución de subvencións e fin á gratuidade
     
    Entre as medidas adoptadas tamén figura o final da gratuidade total dos libros de texto para todos os escolares ou de determinadas prestacións como o transporte gratuíto interurbano para mozos e maiores mediante as tarxetas laranxa e verde, que quedarán limitadas ás rendas baixas.
     
    Tamén se reducirá a subvención á Universidade rexional en 53,3 millóns de euros, contratarase os interinos só ata o 30 de xuño e reformularanse as rutas escolares.
     
    Ampliarase a educación concertada e, de acordo co Goberno central, revisarase o baremo de aplicación da lei de dependencia. Ademais, conxelarase a obra pública e suprimirase a axuda á cooperación internacional.
     
    Por outro lado, os case 2.000 empregados forestais da empresa pública de Xestión Ambiental (
    Geacam) pasarán de traballar doce meses a ter contratos de fixo-discontinuo de oito meses de duración. Como xa se anunciou, paralízase o investimento en estradas, pero tamén se deixarán de construír 800 vivendas públicas programadas.
     
    A conservadora prometeu, non obstante, non implantar ningún imposto novo, aínda que subirá o canon eólico aprobado polo anterior Executivo e, como se soubo onte xoves, suprimirá a bonificación do imposto de Patrimonio.
     
    A conservadora xustificou os recortes afirmando que "a suor de hoxe afastará as bágoas do mañá" e que o seu Executivo "renuncia a todo o que non é estritamente necesario". "É o único que podemos facer e a única alternativa que temos para preservar o que é esencial, a única para cumprir os obxectivos de déficit e encamiñarnos á recuperación económica e a creación de emprego," engadiu..
     
    É dicir, os sacrificios recaerán nos de sempre, nos traballadores e nas clases máis desfavorecidas que son os que máis necesitan dos servizos públicos.

     

     

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript