Decembro de 2011
 
 

05/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Cataluña conxela as oposicións en 2012 e anuncia despedimentos de persoal interino

A Generalitat non convocará oposicións no 2012 e ten previsto despedir a parte do persoal interino, aínda que non cuantificou o número, segundo as primeiras propostas que presentou na reunión cos sindicatos da función pública.

 

  • Noticias relacionadas

  • Os sindicatos sinalaron que, entre as medidas que a administración catalá está a pór encima da mesa negociadora, está tamén a redución do complemento específico que cobran os funcionarios en pagas extras de xullo e decembro, e unha redución do 50 % do departamento de persoal do Instituto Catalán da Saúde (ICS).

    A Generalitat e os sindicatos da función pública sentáronse a negociar os novos recortes de salarios e condicións de traballo dos empregados públicos para o 2012, que anunciou a semana pasada o presidente Artur Mas.

    Nesta primeira reunión, segundo as mesmas fontes, anuncióuselles ademais que outra medida que contempla o Goberno catalán é a suspensión da achega da Generalitat ao plan de pensións, a eliminación do fondo de acción social para axudas, e eliminar o complemento de produtividade e dos días de asuntos persoais que cobra unha parte do persoal.

    Tamén teñen previsto acabar cos vales de comedor que cobran unha parte do persoal técnico e administrativo, pór en marcha medidas de flexibilidade horaria que non se concretaron, e eliminar os beneficios que para o coidado dos fillos aprobara a Generalitat para os funcionarios.

    Coas propostas que se están pondo sobre a mesa a intención da Generalitat está moi clara, e é desmantelar o público para impor o privado.

     

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript