05/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
O valor das promesas electorais.
Lin con atención as respostas dos candidatos ás preguntas
que se lle fixeron por parte da Xunta de Persoal e Comité de
Empresa. O que me pasa a min, polo menos, e que son
escéptico en case todos os aspectos da vida e máis neste
terreo, para exemplo o xa acorrido na etapa anterior (abonda
con revisar o programa electoral do Sr. Barja) polo menos no
que atinxe ao PAS Laboral. Que se pode esperar de quen non
só non cumpre as promesas electorais senón que nin sequera
cumpre o que está asinado léase Convenio Colectivo e os
Estatutos da Universidade?.
Caza menor
Xa sei que a caza menor de empregados públicos
ten unha afección numerosa, embebida do
discurso neoconservador de tertulianos e outro
tipo de xulgamundos fieis á voz do seu amo.
A popularidade dos empregados públicos é
inversamente proporcional á da caza maior, pois
xa se sabe que as pezas que poden cobrarse coa
primeira están ao alcance de calquera e que,
pola contra, abater os grandes depredadores non
resulta tan sinxelo, xa que esixe un esforzo
considerable.
Pola miña banda non me cabe máis que recomendar
a eses numerosos afeccionados que extremen as
precaucións cando saian de caza, non vaia ser
que se peguen un tiro no pé -que as armas as
carga o demo- e non se poida debidamente
atender no seu centro de saúde debidamente
recortado
O carril bus.
Escribo desde Coruña, aquí, durante uns días
máis, teremos un carril bus que, entre outras
cousas permite chegar nun tempo prudencial ao
destino desexado utilizando un medio de
transporte público, pouco contaminante e, para
min que traballo na Universidade, asequible.
Teño que dicir que o carril bus non é só un
carril para o bus, é tamén unha vía para outros
vehículos de asistencia rápida (ambulancias,
bombeiros…) e tamén para taxis e bicicletas.
Lin estes días no xornal que, consoante co
incremento de rapidez deste medio de
transporte, aumentara nunha grande proporción o
seu uso, felicitábanse os estamentos municipais
por ese éxito, veremos si cando toque se
fan a correspondente crítica por comezar
a ser, de novo, lento
e non compense a súa utilización.
A presión duns cantos comerciantes pode máis
que as necesidades cidadás
CiU toma o pelo á cidadanía catalá
A menos de 48 horas de ter pechado as urnas que
deron a CiU a vitoria nas xerais en Catalunya,
o presidente Mas fixo públicas unha serie de
medidas moi graves, e por isto ben escondidas
durante a campaña electoral. O pasado 17 de
outubro, o candidato Duran i Lleida xa avisou
nun acto en ESADE: "Se contase as miñas ideas
perdería as eleccións".
Non é isto unha tomadura de pelo?
Vivimos momentos de crise do sistema económico
dominante nos que os seus defensores non
dubidan en degradar a democracia para impoñer
axustes neoliberais de inxustas consecuencias
para a maioría. Dinnos que non hai
alternativas, pero, entón, por que se esconden
e evitan o debate democrático?
Porque nos toman por parvos..
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript