05/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A banca europea recibiu 1,6 billóns en axudas en 2 anos
Mentres se sistematizan os recortes no estado de ben estar deixando sen asistencia ás persoas máis desfavorecidas, millóns de traballadores e traballadoras nas ringleiras do desemprego… sempre haberá diñeiro para a columna vertebral do sistema capitalista.
O sector bancario recibiu un total de
axudas públicas de 1,6 billóns de euros entre
outubro de 2008 e decembro de 2010 procedente
dos países da Unión Europea (UE), o que supón
un 13% do Produto Interior Bruto (PIB) europeo,
segundo datos publicados hoxe pola Comisión
Europea (CE).
En cambio, o apoio público á economía real caeu
en 11.700 millóns o ano pasado, o que supón un
descenso de practicamente un 50% respecto a
2009.
Esta baixada débese, segundo o Executivo
comunitario, á pouca demanda e ás restricións
presupostarias aprobadas na maioría de países
da UE.
É por iso que a Comisión propuxo hoxe estender
a duración do marco temporal de axudas ao
sector financeiro pero dar por rematado o marco
de axudas aos sectores produtivos.
"A condición clave para desconectar a máquina
de respiración asistida entre o Estado e o
sector financeiro é que se solucione a crise da
débeda soberana", declarou nun comunicado o
vicepresidente da Comisión encargado de
Competencia, Joaquín Almunia.
"Grazas ao control das axudas estatais, o apoio
cumpriu cos obxectivos de protexer a
estabilidade económica e financeira sen crear
ata agora ningún dano irreparable á competencia
no mercado común", engadiu Almunia.
O vicepresidente da CE indicou que anulará as
normas actuais de axuda á banca "tan pronto
como o permitan as condicións do mercado", e
que asegurará que "a axuda recibida polos
bancos e pola economía real se destina a crear
crecemento e emprego".
Dos 1,6 billóns entregados ao sector bancario,
case 1,2 billóns -é dicir, o 10% do PIB-
destinouse a garantías estatais ao
financiamento das entidades e a outras medidas
de apoio á liquidez, segundo a CE.
Ademais, as institucións financeiras recibiron
algo máis de 400.000 millóns de euros en
medidas de recapitalización e tratamento de
activos para mellorar a súa solvencia.
O 58% destas axudas foi entregado a bancos de
tres países: Irlanda (25%), Reino Unido (18%) e
Alemaña (15%).
Ademais, os gobernos europeos puxeron 82.900
millóns de euros a disposición temporal das
empresas do sector produtivo, aínda que en 2009
se utilizaron 21.000 millóns e en 2010, 11.700
millóns.
A axuda á industria e aos servizos foi de
61.000 millóns de euros, ou dun 0,5% do PIB,
dos cales un 85% se destinou a obxectivos de
interese común.
Os Estados membros da UE tamén garantiron
subsidios de ata medio millón de euros por
empresa, aínda que estas medidas temporais
foron abandonadas parcialmente o ano pasado e
substituída por garantías, intereses reducidos,
axuda ao capital risco ou investimentos en
medio.
As axudas habituais, isto é, que non se
instauraron a raíz da crise, permaneceron en
Así mesmo, a CE asegurou que en 2010 as
administracións públicas recuperaron un 82% dos
12.000 millóns entregados en subsidios
considerados ilegais polas autoridades
europeas.
Para esta xente a quebra dos
estados membros coa eliminación e precarización
dos servizos públicos inherente, é un asunto
secundario, o importante é manter un sistema
caduco que foi, en definitiva, o causante da
crise que agora tan axilmente corren a arranxar
facendo máis ricos aos seus causantes.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript