28/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Xustiza declara improcedentes oito despedimentos de empresas públicas
As sentenzas obrigan ás empresas a readmitir aos empregados a pagarlles 45 días por ano traballado, no canto dos 20 que lles ofreceron inicialmente.
Varias sentenzas de xulgados do social
declararon improcedentes os despedimentos de
oito empregados de empresas públicas da
Generalitat, acordados entre os pasados meses
de abril e xullo, no marco dos primeiros
axustes orzamentarios impostos polo goberno
catalán.
Segundo informou o avogado do Colectivo Ronda
Jaume García, que levou eses asuntos laborais,
as sentenzas declararon improcedentes un
despedimento no Servizo Meteorolóxico de
Cataluña (SMC), tres no Instituto Cartográfico
e catro en Forestal Catalá.
As sentenzas obrigan ás empresas a readmitir
aos empregados ou, en caso contrario, a
pagarlles 45 días por ano traballado, no canto
dos 20 que lles ofreceron inicialmente, como
indemnización por despedimento improcedente.
O pasado mes de xullo, un xulgado social de
Barcelona declarou improcedente un dos
primeiros despedimentos denunciados, o do xefe
do Servei Meteorològic de Catalunya (SMC) que a
empresa xustificou polos «devastadores efectos
da crise económica», nunha sentenza da que xa
informou axénciaa Efe.
A ese fallo seguiron posteriormente outros sete
que declararon improcedentes outros tantos
despedimentos que tamén foron xustificados por
causas económicas.
Segundo o letrado, varias desas sentenzas
coinciden en sinalar que as empresas da
administración non poden ampararse no artigo 52
do Estatuto dos Traballadores, que autoriza ás
empresas privadas a aprobar recortes de persoal
para facer fronte a perdas económicas.
No caso as empresas públicas, que non teñen
perdas senón déficit, os despedimentos por
motivos económicos só estarían xustificados
nalgunhas situacións extraordinarias que non
concorren nos casos impugnados ante a Xustiza,
segundo sinalan as sentenzas mencionadas.
Jaume Garcia destacou a importancia desas
sentenzas, a maioría das cales son recurribles,
xa que, aínda que non crean xurisprudencia,
sentan un precedente para numerosos casos de
despedimento que a Generalitat está a acordar
escudándose en razóns económicas.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript