Novembro de 2011
 
 

28/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O xenro do Rei de España recibiu máis dun millón de euros de diñeiro público por un evento turístico

No convenio, de contido secreto "confidencial", as dúas principais institucións públicas valencianas garantiron ao Instituto Nóos un "canon" anual de 1,04 millóns como "organizadora" durante tres anos consecutivos do cumio turístico-deportivo Valencia Summit.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

    Segundo o xuíz que leva o caso, Iñaki Urdangarín e o seu entón socio Diego Torres, agora imputado, valéronse de toda unha armazón corrupta para "apoderarse de fondos públicos".
     
    Entre 2004 e 2006, o Instituto Nóos asinou convenios cos gobernos de Valencia e Baleares por valor de 5,3 millóns de euros. E polo menos 3,2 millóns remataron nas contas de dúas empresas privadas de Urdangarín: Nóos Consultoría Estratégica SL e Aizoon SL.
     
    "Presunción de inocencia"
     
    Ata o momento, o xenro do Rei de España só anunciou que defenderá a súa "honorabilidade e inocencia", aínda que non deu unha soa explicación. O pasado martes, foi o Goberno balear o que apelou á importancia de respectar a "presunción de inocencia" nas investigacións sobre un presunto desvío de 2,3 millóns públicos a través do Instituto Nóos cando este estaba presidido por Iñaki Urdangarín.
     
    Silencio na Casa Real
     
    A suposta implicación de Iñaki Urdangarín no presunto desvío de capitais do Instituto Nóos, presidido naquel momento polo xenro do Rei Don Juan Carlos, está a poñer nerviosa á Casa Real.
     
    A pesar de que o caso salpicou non só o xenro do Rei, senón tamén a Carlos García Revenga, man dereita das infantas Elena e Cristina, a Casa Real non se pronunciou ao respecto, aínda que non por iso o Rei pasase por alto estes acontecementos.
     
    Segundo sinalou a xornalista Mariángel Alcázar, Iñaki Urdangarín realizou unha viaxe lóstrego de Estados Unidos ao Pazo da Zarzuela para reunirse co Rei Don Juan Carlos. Unha reunión que se presumía dura e tensa, a pesar de que non transcendeu o seu contido.
     
    Alcázar apunta que Iñaki terá nos próximos días facer un "xesto doloroso, pero necesario, para liberar á Casa Real".

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript