Novembro de 2011
 
 

28/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

A voltas coa residencia

Unha das propostas que diferncia aos candidatos é a da residencia universitaria, casi tantas alternativa como candidatos.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

    Hainos que máis ou menos veladamente, e fundamentándose na situación de crise, aceptan a “solución” dada desde a Xunta que significa a privatización do servizo (Recuero e Castedo). Hai quen propón o modelo da Xunta rescatable se cambia a situación económica (Pazos). Estes tres candidatos falan tamén, segundo o que aparece na prensa, de aproveitar os pisos baleiros dos arredores do Campus. Hai quen, como alternativa  presenta a compra de edificio, o xeriátrico Esvida, e dedicalo a residencia, mantendo o seu carácter de servizo público . E hai quen se manifesta partidario de continuar co modelo actual significando que si non se pode construír dunha vez, se faga por partes (Armesto).
     
    O eufemismo que toca utilizar agora é o de falar de residencia con prezos públicos, é dicir que o que o que non paguen os estudantes será desembolsado por organismos oficiais pero iso non significa que a xestión sexa pública.
     
    Este tipo de “empresas”, son un pastel para a empresa privada que abre un novo nicho de negocio fundamentado no sobreprezo do servizo e na explotación dos traballadores/as que teñan contratados.
     
    A Xunta, polo de pronto, ven de rexeitar o proxecto polo que abonou arredor de 600.000€, en momentos de crise, xa se sabe, o aforro é a bandeira, o despilfarro segue a ser a acción cotidiana.
     
    Polo que se pode ler tamén estes días na prensa, o estudo que realizou o proxecto recorrerá a decisión da Xunta e manifesta a súa disposición a estudar un abaratamento substancial na obra prescindido de cousas como a estrutura de madeira que significaba un abaratamento importante e indicaba que a obra podía realizarse por partes dependendo das dispoñibilidades económicas do momento.
     
    O que está claro é que o modelo público de universidade está en dúbida e hai que tomar opción. Hai que involucrarse mobilizándose por unha universidade que concorde coa aspiración social do mantemento do estado de benestar que posibilite o acceso á educación superior dos sectores máis desfavorecidos da poboación.

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript