Novembro de 2011
 
 

28/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

As pensións en Galicia, as máis baixas do estado

A contía media das pensións do sistema en Galicia subiu un 3,4%, ata situarse nos 678,28 euros en novembro, unha cifra que mantén á Comunidade galega como a que ten as prestacións máis baixas do Estado, se acordo cos datos publicados polo Ministerio de Traballo e Inmigración.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

    A pensión de xubilación, a máis numerosa (son 449.890 do total de 730.121 do conxunto do sistema) tamén continúa como a máis escasa do Estado, ao situarse nunha media de 758,42 euros en novembro.
     
    Ademais, os datos do ministerio mostran que un total de 69.814 persoas recibiron en novembro en Galicia pensións por incapacidade permanente, cunha media de 760,05 euros; mentres que 184.446 percibiron as de viuvez, cunha contía de 494,88 euros. As de orfandade, pola súa banda, ascenderon a 20.281, cun importe medio de 355,5 euros e en favor de familiares foron 5.690, cunha media de 434,8 euros.
     
    Deste modo, o número total de pensións incrementouse un 0,9% en novembro, en relación ao mesmo mes do ano pasado, e as prestacións recoñecidas en Galicia representan o 8,2% das do Estado. A súa contía equivale ao 83,8% da que, de media, se cobra no resto do Estado.
     
    DATOS DO ESTADO
     
    A pensión media de xubilación alcanzou en novembro no Estado os 969,56 euros mensuais, o que supón un 3,6% máis respecto ao mesmo mes de 2010. Pola súa banda, a pensión media do sistema, que comprende as distintas clases de pensión (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), situouse ao iniciarse o presente mes en 843,02 euros, o que representa un aumento interanual do 3,2%.
     
    En concreto, a pensión media de viuvez situouse en novembro en 593,95 euros mensuais, mentres que a de incapacidade permanente alcanzou unha contía media de 919,08 euros mensuais.
     
    Así mesmo, a pensión media de orfandade ascendeu a 386,44 euros mensuais, mentres que a de favor de familiares se situou en 518,28 euros ao mes.
     
    MAIS DE 7 MILLÓNS
     
    A Seguridade Social destinou en novembro un total de 7.169,5 millóns de euros ao pagamento das pensións contributivas, un 4,7% máis que no mesmo mes de 2010
     
    Desta cantidade, 4.868,4 millóns corresponderon ao pagamento da nómina mensual das pensións de xubilación (+5,4% en relación a novembro de 2010); 1.363 millóns a pensións de viuvez (+3,4%); 820,8 millóns a incapacidade permanente (+2,9%); 99,19 millóns a orfandade (+4,4%); e 18 millóns a favor de familiares (+4%).
     
    PAIS VASCO, COA PENSION MEDIA MAIS ALTA
     
    Por comunidades autónomas, sete delas máis Ceuta superaron en outubro a pensión media nacional, establecida en 809,83 euros ao mes. País Vasco, Asturias e Madrid rexistraron as pensións medias máis elevadas, con 1.001,81 euros, 963,91 euros e 959,73 euros mensuais, respectivamente.
     
    Seguíronlles Navarra (916,95 euros mensuais), Ceuta (855,30 euros), Cantabria (843,02 euros), Aragón (841,42 euros), Cataluña (836,50 euros), Melilla (787,71 euros), Castela e León (787,76 euros), La Rioja (774,45 euros), Canarias (759,10 euros), Castela-A Mancha (754,91 euros), Comunidade Valenciana (743,41 euros), Andalucía (740,18 euros) e Baleares (739,12 euros).
     
    Pechan a táboa, coas pensións menos cuantiosas, Murcia, cunha pensión media de 713,63 euros mensuais; Extremadura, con 686,86 euros, e Galicia, con 678,28 euros ao mes.

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript