Novembro de 2011
 
 

28/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

A situación en Grecia, un futuro que nos agarda se non o impedimos

Os axustes draconianos que o Goberno de Papandreu tivo que adoptar para cumprir co imposto pola UE para recibir o plan de rescate, provocou que a estas alturas o 13% das familias gregas non dispoñan de ningún tipo de ingresos, nin salarial nin asistencial.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

    Esta cifra despréndese dun documento do Banco de Grecia referente ao primeiro semestre do ano e difundido polo diario ateniense Kathimerini. O informe cifra en 500.000 o número de persoas que vive en familias sen ningún tipo de ingreso.
     
    Ese documento destaca que durante a primeira metade do ano os salarios caeron un 6,3%, tanto no sector público coma no privado, en comparación co 9,1% de caída rexistrado nos seis primeiros meses de 2010. O dato de paro que recolle o informe é tamén alto, o 18% da poboación activa. Entre os que traballan, o 21% faino a tempo parcial.
     
    A taxa de desemprego en Grecia alcanzou unha marca de 18,4% en agosto, máis de 6 puntos respecto a igual mes de 2010, informou este venres o Instituto de Estatísticas Grego (Elstat).
     
    Segundo o organismo, o número total de desocupados estase a dirixir rapidamente ao millón -sobre un universo de 11,2 millóns de persoas- despois de crecer en 295.000 unidades nun ano.
     
    A desocupación entre os mozos chegou ao 43,5%, detallou a axencia de noticias Ansa.

    Na zona euro, Grecia quedou en segundo lugar detrás do Estado español, que rexistra un desemprego de 22,6%.
     
    A metade dos desempregados leva sen traballo máis dun ano, mentres que a axuda ao desemprego en Grecia se recibe por un máximo de nove meses e supón, aproximadamente, a metade do salario mínimo.
     
    Un claro sinal do aumento da precariedade da vida en Grecia, sometida a unha dura política de recortes a instancias do Fondo Monetario Internacional e da Eurozona, é o aumento de cidadáns gregos que acoden a solicitar servizos de ONG especializadas na atención aos pobres.
     
    O presidente de Médicos do Mundo en Grecia, Nikitas Kanakis, declarou recentemente á emisora Skai que os gregos supoñen xa o 30% dos pacientes, nalgúns barrios ata o 95%, mentres que ata hai uns meses os seus clientes eran principalmente inmigrantes.
     
    En Galicia engorda a lista dos sen teito, máis de 4.000 persoas segundo a organización caritativa da igrexa Caritas deambulan polas rúas das cidades e vilas galegas a procura do sustento diario.

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript