28/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O último favor do PSOE aos seus amigos banqueiros
A decisión do Consello de Ministros en funcións de indultar o conselleiro delegado do Grupo Santander, Alfredo Sáenz, é outra proba de que quen manda é á banca.
O Consello de Ministros aprobou este
venres a medida, segundo a cal o conselleiro
delegado do banco Santander seguirá cumprindo
os requisitos de "honorabilidade" que
esixe o Banco de España para os executivos do
sector financeiro. Concédeselle o indulto á
condena a tres meses de prisión e
inhabilitación por un delito de acusación falsa
cometido en 1994 contra uns acredores de
Banesto cando era presidente da entidade.
A decisión pon ás claras o poder omnímodo da
banca fronte aos poderes políticos.
Maniféstase, tamén, con esta decisión a
connivencia entre PSOE e PP no que ás solucións
neoliberais que se están a aplicar á saída da
crise.
Non fai moito que o PSOE, na campaña electoral,
propoñía un cambio de rumbo político propoñendo
medidas que non executara mentres gobernaba e
agora, á vista das últimas decisións tomadas (
contrato de aprendizaxe, esta decisión que
favorece os intereses da gran banca…) sacan á
luz a gran mentira que se nos contou durante o
proceso electoral.
Non confiamos en que se dean explicacións, non
esperamos do gobernos saínte nin do que se vai
a constituír un cambio nas políticas e unha
aproximación aos intereses da maior parte da
cidadanía, todo o contrario, pensamos que tanto
co goberno do PSOE como co que se instalará na
Moncloa, que non no poder (o verdadeiro poder
está nas máns do capital), despois da
trasferencia de “poderes” a solución ven do
camiño da mobilización.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript