28/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
3.000 científicos, contra o ERE do Príncipe Felipe
Os 113 científicos do Centro Príncipe Felipe (CIPF) despedidos este xoves non están sós. Deuse a coñecer un comunicado de investigadores en biomedicina de todo o mundo en protesta polo expediente de regulación de emprego (ERE) do Govern valenciano que reduciu á metade o persoal do CIPF tras eliminar 14 laboratorios e deixar a medio gas os 11 restantes.
O documento, promovido a través da web do
Instituto de Investigacións Biomédicas Alberto
Sols, contaba ao peche desta edición con máis
de 3.000 sinaturas.
O escrito censura os recortes que padeceu o
centro por parte do Consell durante os últimos
anos, de 9,8 millóns en
Mostras de apoio
Non é o único apoio que recibiron os
investigadores valencianos. As dúas revistas
científicas máis prestixiosas, Nature e
Science, publicaron senllos artigos críticos
cos plans da Generalitat. E recentemente,
Deborah Burks, especialista en diabete, animou
a través dun artigo na revista da Sociedade
Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular, a
escribir ao conseller de Sanidade, Luis Rosado,
máximo responsable do CIPF, en protesta polo
ERE. De feito, Rosado recibiu centenares de
cartas durante os últimos días ás que respondeu
cun comunicado no que se vangloría que o CIPF
sexa "o quinto centro inves-tigador de maior
importancia en España", aínda que unha liña
máis abaixo xustifica a adopción de "medidas de
axuste" en contra de gran parte dos científicos
que levaron ao centro a tan elevada posición.
Unha contradición "perversa", segundo Rafael
Pulido, expresidente do comité de empresa e un
dos investigadores afectados polo expediente
presentado no CIPF. Pulido presentou o seu
último achado en cancro de mama, a súa
especialidade. Trátase dunha proteína, a
PTPepsilon, que podería servir para mitigar os
efectos da enfermidade. O traballo realizouse
en colaboración con outros 11 laboratorios
europeos pero, tras o peche do de Bioloxía
Molecular do Cancro do CIPF, podería verse
afectado. "É un ERE contra a saúde e fomenta
que enfermidades aínda incurables, mañá sigan
sen solución, lamenta Pulido.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript