28/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
As eleccións, un circo
A cidadanía non confía nos políticos profesionais, cada día que pasa estes individuos empéñanse en fortalecer este sentimento. Cando non pasaban nin dous días despois das eleccións o sr. Mas en Catalunya comezou a realización dunha chea de reformas tales como a rebaixa de salarios dos traballadores da administración pública e a diminución dos días de libre disposición.
Non só nas autonomías da “dereita” se
implantan recortes nos salarios públicos, en
Euskadi, onde goberna o PSOE, pasa o mesmo.
Frente á descapitalización pública, derivada da
inxección multimillonaria á banca e a aposta
polo mantemento do estado actual custe o que
custe caben dúas opcións, unha a da
progresividade na fiscalidade, perseguir a
fraude, eliminar as SICAV, loitar contra a
economía somerxida… acabar cos escandalosos
privilexios dunha clase económica culpable da
situación de crise ou optar pola vía do aforro.
Esta última é a opción que se tomou, segundo se
deriva desta determinación a crise caerá sobre
o lombo dos traballadores e traballadoras e,
especialmente, sobre os/as que están nunha
situación máis precaria.
Como diciamos é indignante a situación catalá
onde, mentres non para de recortar en temas
como a sanidade e reclama sacrificio aos
cidadáns, sete cargos da Generalitat viron
incrementado o seu soldo en 12.000 euros brutos
ao ano.
Para poder ter elementos comparativos que
axuden a valorar a suba, hai que ter presente
que o xefe de gabinete do delegado de goberno
en Tarragona cobrará máis que o alcalde da
cidade, Josep Fèlix Ballesteros, que tiña un
soldo de 64.000 euros antes de recortar o nun
10% a raíz da decisión do goberno central de
reducir o salario dos funcionarios.
Segundo se reflicte en diversos medios de
información, entre eles 'El Diario', todos os
beneficiados por esta contradición do discurso
de Mas "son persoal eventual e foron
contratados como cargos de confianza. Están
adscritos ao Departamento de Presidencia e
basicamente a súa función é coordinar o labor
dos delegados territoriais".
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript