21/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Galicia bloquea
aos parados de máis dun ano a tarxeta sanitaria
Os desempregados residentes en Galicia que levan máis de 12 meses no paro quedan de forma automática sen tarxeta sanitaria.
A Xunta do PP aplica deste
xeito unha política de recorte
e privatización"da sanidade pública ao
deixar desatendidos a desempregados e persoas
sen recursos. Bloquéaselles a tarxeta sen
previo aviso e ata que non reciben a que os
acredita como persoas sen recurso, non teñen
acceso á sanidade pública. Mentres tanto deben
pagar a consulta e o tratamento farmacolóxico
que lles prescriba o médico,
Mercedes Amaral, de 28 anos e sen traballo
dende hai cinco, coñece de primeira man a
vertixe que produce escoitar que carece de
asistencia médica gratuíta. Hai meses que se
encontra en tratamento psicolóxico por
depresión e a semana pasada, ao acudir ao seu
centro de saúde habitual na Coruña, lle
advertiron de que a súa tarxeta estaba inactiva.
Dixéronme que esa vez me atenderían por
urxencias, pero que a partir deste momento,
tería que pagar cada consulta, a razón de 67
euros e pico, denuncia.
Os desempregados teñen que pagar, no tempo de
espera, as consultas
A situación de "desamparo" na que se encontra
Mercedes ten a súa orixe na orde da Xunta do 5
de setembro, en vigor dende o 29 dese mesmo
mes, pola que "se actualiza o procedemento para
o recoñecemento do dereito á asistencia
sanitaria por parte das persoas sen recursos
económicos abondo e das que se encontran en
situación de desemprego".
Ata esa data, desempregados e cidadáns sen
recursos, que non cotizaban á Seguridade
Social, beneficiábanse da prestación sanitaria,
pero administrativamente recibían un tratamento
diferente. Coa modificación normativa
introducida polos conservadores galegos, ambos
os dous colectivos convértense ipso facto nun
"Código 29", que identifica, a
efectos prácticos, ás "persoas sen
recursos", a non ser que o desempregado
poida xustificar a súa dependencia económica
dun titular da Seguridade Social, de quen
pasaría a constar como beneficiario.
Sen notificar o cambio
O número de afectados ascende
65.000.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript