Novembro de 2011
 
 

21/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Pleno da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública -Area Sanitaria de Ferrol

Convócase un Pleno da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol para o mércores día 30 de novembro, ás 18 no local da AV de Esteiro.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

    Pola presente Convócase un Pleno da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol para o mércores día 30 de novembro, ás 18 no local da AV de Esteiro e coa seguinte orde do día:

    1. Renovación da Portavocía e da Comisión Pemanente da Pdspf, se procede.
    2. Nomeamento dunha persoa para a xestión da Páxina da Plataforma e do Correo da mesma (a petición do actual responsable Fran Iglesias)
    3. Planificación da campaña de sinaturas da ILP nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
    4. Elaboración dun Plano de Traballo da Pdspf para o ano 2012.
    5. Información económica.
    6. Preguntas e suxestións.
     
    Polos temas que se van tratar e pola necesidade de darlle un impulso á Plataforma diante dos novos recortes que se van producir despois do 20 de novembro, é absolutamente necesaria a asistencia de tódalas entidades que conforman a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.
     
    De todos depende a continuidade da mesma
     
    Asdo./ Xosé Miguel López Pérez

     
    Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
     
    www.plataformadspferrol.blogspot.com
    plataformadspferrol@gmail.com

     

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript