21/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Resumo do Consello de Goberno do día 15/11/2011
Non imos insistir no de sempre, premios, bolsas, creación de prazas de persoal docente, cambios de dedicación, venias docentes, profesores honorarios…
Até que chegamos ao punto 16.-
Modificación puntual da RPT de PAS funcionario
neste punto a Xerenta anuncia que, trala Fusión
dos departamentos de Construcións Navais e
Enxeñaría Naval e Oceánica, acordouse coa
Xunta de Persoal a transformación da praza de
secretario de departamento nunha de posto base
así como o acordo de traslado dun posto base da
EU Politécnica á E Politécnica Superior o
acordo posibilita o mantemento en número de
postos da RPT de persoal funcionario.
Esta modificación puntual terá que ser
aprobada, á súa vez, na vindeira reunión do
Consello Social.
Punto 17.- Quenda aberta
de intervencións
Casteleiro (Decano da E.T.S.
de Camiños) le un comunicado da Escola sobre as
infraestruturas.
Nel, e resumindo, faise unha referencia ao
estado das obras no CITEEC no que indican pasou
de ser un centro exemplar tanto en
infraestrururas como en persoal a ser algo que
só se pode cualificar de chabola na que nin
sequera están rematados os cerramentos.
Esixen, no comunicado, que se cree unha partida
orzamentaria para executar simplemente o
cerramento para salvagardar o material e
impediría a entrada a persoas alleas.
Pregúntanse, tamén, onde se ten previsto que
dean as clases do 2º cuadrimestre ao
paralizarse as obras que se viñan realizando
nos centros programados.
Responde o vicerreitor de economía:
Pechar a obra, trasladará a petición ao Servizo
de Obras e revisarán, dado o litixio no que
está a construción, a legalidade de proceder a
actuacións na obra.
Sobre a posibilidade de usar a construción da
área científica para a docencia no segundo
cuadrimestre mediante unha licenza provisional
veo inviable, pensa que, con vistas ao próximo
curso si hai expectativas de acadar a licenza
definitiva.
Xosé Portela: a estas alturas e coas
eleccións ás portas preguntar, unha vez máis,
como está a proposta de RPT que se nos ten que
transmitir ao PAS labora,l e agardar unha
resposta positiva, é pecar de optimismo pero,
como fago en todos os Consellos de Goberno, ao
ser a miña obriga deixar constancia de que
aínda estamos agardando, vou reiterar a
pregunta:
Vai transmitir, este equipo de goberno, unha
proposta de RPT ao órgano de representación do
PAS laboral?.
A praza de auxiliar de servizos da E.T.S. de
Náutica e Máquinas en quenda de tarde. Cando se
vai cubrir e con que procedemento?.
Ía insistir na necesidade dunha reunión urxente
do Comité de Empresa coa xerencia pero, antes
de entrar, acaban de indicarme que esa reunión
está fixada para o día 23.
Resposta da Xerencia.
A situación da RPT é coñecida polos membros do
Consello de Goberno e polo Comité de Empresa,
cando se aprobe o Plan de Sustentabilidade será
transmitida.
A praza de auxiliar de servizos de Náutica
sairá publicada proximamente.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript