21/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Os recortes sociais esténdense polos concellos
Os concellos realizan programas de axuda social e pagan as nóminas dos traballadores e técnicos sociais con cargo ao Plan Concertado subvencionado pola Xunta. Pero, este ano a Consellería de Traballo e Benestar meteu a tesoira aos fondos destinados a pagar programas a persoas desfavorecidas, dependentes, inmigrantes e minorías.
Nada máis recibir as primeiras
notificacións do Executivo autonómico
anunciando unha redución dos fondos para
programas de atención social, alcaldes e grupos
da oposición de todas as cores políticas
puxéronse de pé de guerra. Mesmo na Deputación
de Ourense, feudo de Baltar, o PP se rebelou
contra os recortes sociais da Xunta ao sumarse
a dúas mocións presentadas por PSdeG e BNG
contra a tesoirada ao Plan Concertado. Ante as
primeiras queixas dos concellos, o departamento
que dirixe Beatriz Mato saíu ao paso culpando
destes "axustes" aos "recortes do 10% " en
materia social por parte do Goberno central.
A mingua destes fondos en Galicia -que pasou
dos 47 millóns previstos inicialmente aos 44,6
aprobados finalmente- afecta sobre todo á
atención a domicilio coa que se asiste a
persoas que non teñen aprobado aínda o seu
programa de atención á dependencia ou xente que
necesita axuda e a determinados proxectos
municipais como os de integración de
inmigrantes ou vellez activa. A Consellería de
Traballo desmarcouse onte de novo dos cálculos
feitos pola oposición, que cifran os recortes
do presuposto para o Plan Concertado da Xunta
nun 80%.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript