Novembro de 2011
 
 

21/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

A prima de risco baila soa

Paradoxos do mercado e a súa infinita sabedoría: mentres a prima de risco de España se dispara porque din que nos van botar do euro, vai a Bolsa de Madrid e pecha o día con subas.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

    P

    Malia as perdas dos últimos meses, o Ibex 35 cotiza bastante por enriba dos seus números de hai dous anos, cando ninguén insinuaba sequera unha ruptura do euro. A explicación? É ben sinxela:   o propio mercado non se cree ese asustaniños da volta da peseta. Os investidores están a xogar a outra cousa: a forrarse especulando contra a débeda dos países do euro porque xa quedou claro que Alemaña vai deixar facer por un bo anaco. A ambos os dous interésalles. Uns, os especuladores, gañan apostando á baixo contra media Europa (xa sofre ata Francia); a outra, Ángela Merkel, consegue que Alemaña se financie máis barato e ao tempo imponnos o seu plan de recortes: o seu programa político sen pasar polas nosas urnas.
     
    Merkel suxeita a tixola do Banco Central Europeo polo mango. O resto fritímonos nela. O BCE aperta pero non afoga: cando a presión é excesiva, compra un pouquiño de débeda; o xusto para que Italia ou España non quebren (que iso xa lle doería a Alemaña). Atízannos co pau mentres afastan a cenoria, que un día está prometida para aqueles gobernos bos e obedientes que cambien a súa Constitución en quince días e ao outro é o premio para o gabinete máis tecnócrata.
     
    E España? Bruxelas xa fala, por abrir boca, de recortar as contas públicas en 16.000 millóns en 2012 e outros 25.000 millóns máis en 2013 para cumprir co déficit.
     
    Mentres tanto, Mariano Rajoy, sempre preciso e concreto, responde que lle vai dicir a Europa que "España é unha gran nación". Quedo moito máis tranquilo.

     

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript