Novembro de 2011
 
 

21/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Outubro remata cun incremento de prezos do 1,1%

Que diminuisen os nosos salarios non quere decir que a moderación se implantase no que aos prezos se refire. Os prezos creceron un 1,1% en Galicia en outubro en relación ao mes anterior, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE). En todo o territorio do estado, a inflación subiu oito décimas, mentres que a taxa interanual situou o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) no 3%, despois de subir un 0,1% en setembro.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

    En Galicia, a taxa interanual situouse no 3,2%, dúas décimas por debaixo da rexistrada no mes de setembro. Deste modo, o incremento rexistrado en outubro en Galicia sitúase por enriba da media estatal e ao mesmo nivel que Castela-A Mancha, Extremadura, Murcia, La Rioja e Ceuta.
     
    No ensino os prezos aumentáronse un 1,7%, mentres que no tabaco e as bebidas alcohólicas subiron un 1%. Rexistraron incrementos tamén a vivenda (un 0,7%), o enxoval (un 0,5%) e a medicina (un 0,4%). Non obstante, mantivéronse sen cambios os alimentos e bebidas non alcohólicas. En cambio, baixaron un 0,6% os cafés, hoteis e restaurantes e as comunicacións; un 0,5% o ocio e a cultura; e un 0,1% en transportes e no apartado doutros.
     
    CEOE e Cepyme afirmaron onte que, segundo as súas previsións, os prezos se moderarán nos dous últimos meses do ano, para pechar o exercicio cunha inflación inferior ao 2,5%. As patronais insistiron na necesidade de manter a moderación salarial.
     
    A pitonisa de cabeceira da CEOE parece ser pouco fiable, o que si é certo é que os traballadores perdemos sistemáticamente poder adquisitivo.

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript