21/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O PP admite que paralizará a lei de dependencia
O cabeza de lista do PPC por Barcelona, Jorge Fernández Díaz, recoñeceu que Mariano Rajoy paralizará a aplicación da lei de dependencia se goberna. Antes Rajoy xa "avisara".
O presidente do PP, Mariano Rajoy,
asegura que a lei de dependencia "non" é
viable" e haberá que ir facendo "o que se
poida", e opina que podemos ter o modelo de
benestar que nos permitan os nosos ingresos, os
nosos recursos e a nosa actividade económica".
Seguro de que os resultados electorais lle
darán a presidencia, o candidato insiste nunha
entrevista que publica o diario El País,
que a idea de que a súa prioridade é
manter o poder adquisitivo das pensións e, a
partir de aí, "haberá que recortar en todo".
Tamén advirte de que as prestacións por
desemprego van baixar " pero non
porque a xente deixe de cobrar, senón porque
vai haber menos persoas con dereito a cobralas.
O candidato do PP á presidencia do Goberno
sinala que o seu programa electoral
formula unha revisión de todas as partidas
presupostarias. Rajoy explica que "ao
mellor haberá que facer menos obras públicas e
dar prioridade a rematar as obras que xa están
en marcha", pero tamén inclúe aquí a supresión
de "moitos organismos autónomos". Reitera que
haberá que facer moitas cousas e haberá que
recortar de onde se poida".
Sobre a educación e a sanidade,
o líder do PP insiste en que son competencias
das comunidades autónomas ao tempo que apela a
un "esforzo" nos próximos anos contra a fraude
fiscal, a economía somerxida e a fraude na
percepción das prestacións por desemprego.
En relación aos funcionarios,
Rajoy asegura que, nestes momentos, non
recuperarán o recorte do 5 por cento e mantén o
interrogante sobre se esta recuperación podería
darse nun futuro. "Xa veremos", di, pero "agora
non é posible. Todo o mundo o sabe".
Rajoy tamén di que non teme ás reaccións
sociais ou a posibles folgas xerais e sinala
que intentará que non haxa, xa que o
consideraría "inxusto", se ben admite que teñen
dereito a facelas.
O presidente do PP recorda que a
prioridade do seu Goberno é cumprir os
compromisos asumidos en Bruxelas, que establece
un déficit do 4,4 por cento, ao igual que a
permanencia da moeda única.
Avanza que o primeiro que fará,
se chega ao goberno, será aprobar a Lei
de Estabilidade que desenvolve a
reforma constitucional pactada este verán pero
ademais se mostra decidido a "facer as reformas
laborais pendentes, a máis urxente a laboral,
antes do verán" e ademais concluír, "de xeito
urxente, a reestruturación do sistema
financeiro". Tamén adiante que non introducirá,
en ningún caso, o copagamento sanitario nin
subirá os impostos.
Á pregunta de quen será o seu ministro de
Economía, o líder do PP afirma que xa o sabe
pero que non o dirá ata que os españois lle
outorguen a súa confianza nas urnas.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript