Novembro de 2011
 
 

21/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Anticorrupción investigará as indemnizacións de NCG

Aínda que o resultado da investigación determine a legalidade do pensionazo destes individuos non deixará por elo de ser inmoral e eticamente impresentable. O feito de que un puñado de individuos se repartan máis de 25 millóns de euros non é máis que unha constatación de que o capital non está saíndo mal parado da situación de crise que eles mesmos crearon e que se salda con máis pobreza e precariedade para a clase obreira e os máis desposuídos

 

  • Noticias relacionadas

  •  

    A Fiscalía Anticorrupción investigará a minusvaloración de Novacaixagalicia antes de traspasar o seu negocio ao seu banco asociado e as indemnizacións millonarias que cobraron varios exdirectivos por un montante aproximado duns 25 millóns de euros.
     
    É lamentábel , non obstante, que as administracións, que contan con toda a información sobre as caixas de aforro galegas, non desen este paso, e o  propio PP votase en contra da creación dunha comisión de investigación no Parlamento de Galicia.
     
    Tampouco o Banco de España deu resposta algunha á solicitude trasladada para a apertura dun expediente sancionador para os ex altos directivos que percibiron indemnizacións millonarias.
     
    Anticorrupción debe actuar da mesma forma que coa CAM e bote luz sobre a depreciación pouco argumentable nun 93% do valor en libros de Novacaixagalicia -de 1.784 millóns aos 181 valorados polo FROB-, e para que os directivos que marcharon a casa forrados asuman responsabilidades.

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript