Novembro de 2011
 
 

21/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O neoliberalismo gañou as eleccións, a indignación gañará nas rúas

Como era previsible o bipartidismo, as dúas opcións que se presentaban da man dos mercados, gañaron as eleccións, o capital ten sempre máis dun plan para sustentar o seu proxecto, neste caso usa o plan B, o partido popular para impoñer as políticas máis restritivas.

 

  • Noticias relacionadas

  • Desta vez sabemos que os dous partidos teñen un programa oculto, un, o PSOE fixo unha retórica reivindicación do estado social pero realmente estivo executando políticas contrarias á súa prédica (abonda con lembrar a reforma laboral, a conxelación de pensións, o pacto do euro…), e o PP do que só se sabe que ten un programa oculto que non quere facer público até o día seguinte de gañar as eleccións, ou sexa, hoxe, de todos os xeitos os dous partidos maioritarios serán meros executores das políticas que os mercados impoñan.
     
    No noso estado non lles fará falta os poderes económicos dar un golpe de estado antidemocrático como fixeron en Grecia e Italia, aquí os propios cidadáns aborregados e teledirixidos mediaticamente xa lles fan o papel suxo elixindo aos candidatos presentados polos mercados.
     
    A mobilización, aínda sendo sectorial e moi atomizada xa comezou, (persoal sanitario, do ensino, de asistencia social, empresas con recortes …) e máis globalmente o colectivo de indignados están xa na rúa. Trátase, agora de dar un paso adiante na dinámica mobilizadora, aglutinando esas reivindicacións parciais no camiño de afortalar dinámicas globais.

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript