Novembro de 2011
 
 

21/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Italia non necesita democracia

Que Berlusconi era un pésimo gobernante xa o sabemos. Que Mario Monti pode gobernar mellor é posible, e tampouco ten moito mérito, dado o baixo que caera aquel. Agora ben: nin a Berlusconi o botaron os italianos, nin a Monti o elixíron.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

    Xa sei, xa sei: a vontade dos cidadáns é algo secundario nun momento como este en que, en palabras do presidente do Consello Europeo, Van Rompuy, "Italia necesita reformas, non eleccións,".
     
    Se fose un mero cambio de primeiro ministro xa estaría feo, pois Monti non se presentou a unhas eleccións nin, pechando lista. Pero o que se furtou os italianos non é só elixir ao seu gobernante, senón a decisión sobre unha política que non vai ser precisamente "técnica": para empezar, Monti promete reformar as pensións, flexibilizar o mercado de traballo, subir o IVE, conxelar soldos, privatizar, liberalizar sectores, e ata unha reforma para recortar os privilexios da clase política... o chaman "goberno técnico", coma se se limitase a aplicar un libro de instrucións neutro, pero o que vai facer é política, pura e dura. Sobre todo, dura.
     
    Ah, si: Monti será votado polos deputados, e estes terán que validar as súas medidas. Pero témome que iso será así mentres nada se torza. Se o Parlamento non aproba algunha reforma, xa sairá alguén en Bruxelas para advertirnos que "Italia necesita reformas, non Parlamento. "
     
    Berlusconi é malo, ridículo, putañeiro e mafioso. Os gregos son vagos e mentireiros. Se o día de mañá nos toca a nós, de que nos acusarán, cal será nosa culpa? Porque non sei se se deron conta, pero produciuse un cambio sutil no discurso europeo: xa non oímos falar de "o ataque dos mercados". Agora a culpa desprazouse, dende os especuladores que causaron a crise financeira e que xogaban coa débeda pública para facer negocio custe o que custe, ata a irresponsabilidade dos tramposos gregos ou o golferas Berlusconi. Que, insisto: é malo malo, pero non o botaron os italianos, que por suposto necesitan reformas, non democracia.

     

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript