Como vos adiantamos, o día 14, tivemos unha reunión conxunta dos órganos de representación do PAS coa Xerencia para aclararnos sobre a implantación dun novo método de control no edificio de Servizos Centrais de Investigación.
Foi un Consello de Goberno Express, ás 11:30 horas xa rematara, pasamos a facer un resumo do tratado.
A asemblea 15M Universidade da Coruña convoca a todo el persoal do campus a unha mesa redonda que terá lugar cos candidatos a reitor o martes 22 de Novembro ás 18:00 h. no Salón de actos da Facultade de Económicas
As cinco organizacións estudantís reuniranse co equipo reitoral coa condición de tratar as súas principais reivindicacións.
Como era previsible o bipartidismo, as dúas opcións que se presentaban da man dos mercados, gañaron as eleccións, o capital ten sempre máis dun plan para sustentar o seu proxecto, neste caso usa o plan B, o partido popular para impoñer as políticas máis restritivas.
Haberá copago no servizo de axuda a domicilio a partir do próximo ano. Confirmouno onte a tenente de alcalde de Facenda, que quixo saír ao paso das críticas da oposición por esta medida asegurando que «o copago é unha obrigación legal, imposta pola lei de dependencia e que estableceu o bipartito da Xunta».
O voceiro económico do PP, Cristóbal Montoro, receitou este martes axudas fiscais tanto para as empresas coma para os compradores como fórmula para reflotar o sector inmobiliario no estado.
Máis dun milleiro de menores atópanse en centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, que xestionan asociacións, empresas e colectivos como Agaceme ou o Colectivo Galego do Menor.
Que diminuisen os nosos salarios non quere decir que a moderación se implantase no que aos prezos se refire. Os prezos creceron un 1,1% en Galicia en outubro en relación ao mes anterior, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE). En todo o territorio do estado, a inflación subiu oito décimas, mentres que a taxa interanual situou o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) no 3%, despois de subir un 0,1% en setembro.
Non queda outra: hai que loitar. Pero hai que reflexionar moi a fondo o cómo. E onde. E cándo. Non fai falta pensalo moito: Xa, Aquí, Allasonati ofrece unhas cantas pistas.
Convócase un Pleno da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol para o mércores día 30 de novembro, ás 18 no local da AV de Esteiro.
Que Berlusconi era un pésimo gobernante xa o sabemos. Que Mario Monti pode gobernar mellor é posible, e tampouco ten moito mérito, dado o baixo que caera aquel. Agora ben: nin a Berlusconi o botaron os italianos, nin a Monti o elixíron.
O cabeza de lista do PPC por Barcelona, Jorge Fernández Díaz, recoñeceu que Mariano Rajoy paralizará a aplicación da lei de dependencia se goberna. Antes Rajoy xa "avisara".
Quen goberna en verdade o mundo? Os novos presidentes de Grecia e Italia, os dous no poder por imposición do capital (o pobo non os elixiu), pertencen á Comisión Trilateral pero que é iso?, como se explica que os poderes executivos nacionais perderan a súa capacidade de decisión política e que se converteron en meros xestores administrativos?
Aínda que o resultado da investigación determine a legalidade do pensionazo destes individuos non deixará por elo de ser inmoral e eticamente impresentable. O feito de que un puñado de individuos se repartan máis de 25 millóns de euros non é máis que unha constatación de que o capital non está saíndo mal parado da situación de crise que eles mesmos crearon e que se salda con máis pobreza e precariedade para a clase obreira e os máis desposuídos
Os servizos de normalización lingüística (SNL) son os departamentos que desenvolven o traballo técnico de cara a avanzar no consensuado proceso de normalización da lingua galega. Un traballo necesario, xusto e ilusionante de fomento do galego no nivel de contacto máis directo coa cidadanía.
Paradoxos do mercado e a súa infinita sabedoría: mentres a prima de risco de España se dispara porque din que nos van botar do euro, vai a Bolsa de Madrid e pecha o día con subas.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript