21/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Reunión conxunta Xunta de Persoal-Comité de Empresa, coa Xerencia
Como vos adiantamos, o día 14, tivemos unha reunión conxunta dos órganos de representación do PAS coa Xerencia para aclararnos sobre a implantación dun novo método de control no edificio de Servizos Centrais de Investigación.
Sen ningunha comunicación a
Xerencia-Servizo de Obras comezaron coa
implantación dun novo modelo de control no edificio
que, polo que sabemos, inclúe cámaras, con
grabación, en todos os andares e portas e peche
permanente das portas do edificio con acceso
controlado mediante tarxeta ao mesmo.
Indicámoslle que previa á
implantación de calquera medida tiña a obriga de
tratalo, precisamente, cos órganos que representan
aos traballadores, máis aínda cando da súa posta en
marcha se pode derivar o control directo sobre a
permanencia dos traballadores/as no lugar de
traballo (control horario puro e duro).
Aínda que este equipo reitoral
non o utilice con esta finalidade, é un elemento
que o permite e, cando cambie o equipo, non se pode
asegurar que os que veñan non o fagan, nin tan
sequera podemos asegurar que este equipo, podendo,
non o utilice, cambiando así de criterio.
O primeiro que quixemos saber (as noticias que
tiñamos dos compañeiros/as do edificio era que se
lle daba ao recinto a consideración de perigoso)
foi o ter coñecemento desta circunstancia.
Outra pregunta. Por qué se
implanta esta medida?
Indícaselle que o sistema de
control por cámaras non é utilizable en momentos de
evacuación porque nese intre non se poden poñer a
visionar horas de película para saber quen está
dentro.
O que queren saber os servizos implicados na
evacuación do centro é o número de persoas que
están no seu interior e onde se atopan, non
determinan o método para ter ese coñecemento. O
control de presenza de xente allea pódese realizar
xa actualmente, obrigando a que, os/as visitantes,
deixen constancia da súa estadía no centro.
Se o edificio ten zonas que en maior ou menor
medida se poden cualificar de perigosas, porqué non
se instalan medidas que impidan o acceso a eses
lugares específicos e se deixa a acceso libre o
resto?
Díselle que o Servizo de
Prevención recomenda que unha das medidas a
establecer sexa a utilización do edificio,
exclusivamente, para a investigación cousa que
parece non entra nos obxectivos da Xerencia,
actualmente hai varios servizos que non teñen nada
que ver coa investigación, aulas de informática,
viveiros de empresas, proxectos que se realizan
incluso con nenos… que, unha vez que acceden ao
edificio, sería practicamente imposible asegurar un
espazo específico de presenza no caso de ser
precisa unha evacuación (como acontece noutros
centros da UDC) o que fundamenta aínda máis a
reclamación de que se peche o acceso público a
lugares específicos que se poidan considerar de
certo perigo.
Amosamos a nosa falta de
convencemento sobre esta cuestión, de feito, unha
vez consultado o persoal do edificio indica que,
desde fai máis de dous anos, non se foi ninguén é
máis, acaba de instalarse unha aula máis de
ordenadores apple de considerable custo.
Insistimos en que, xunto coa medida de restrición
de presenza en espazos específicos, hai prioridades
a realizar, seguro que de custo máis reducido, e
que non se están abordando, por exemplo, algún
traballador que reclamou sobre as circunstancias
nas que desenvolve o seu traballo e que, aínda
dándolla a razón, o estudo pertinente nunca se lle
fixeron as modificacións necesarias no seu posto.
Os traballadores/as están coa
mosca detrás da orella por situacións concretas
como que, xusto o día que se fai a medición de
gases edificio ese día péchase o aire acondicionado
sendo que parece que preto da saída de gases dos
laboratorios está a entrada de aire para o aire
acondicionado.
José Antonio Bouzas Indíca que ese día se fixo esa
medición co aire acondicionado pechado para avaliar
a calidade do aire (presenza de osíxeno e de
CO2) e que, noutro momento, se
fará co aire acondicionado funcionando para saber a
variación da medida, entendendo que, co aire
acondicionado funcionando, os valores deberán ser
máis baixos.
Como comezaba a haber unha certa gaña por parte
dalgúns representantes de rematar. Reclamamos:
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript