Novembro de 2011
 
 

21/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Servizos Sociais aplicará o copago en dependencia

Haberá copago no servizo de axuda a domicilio a partir do próximo ano. Confirmouno onte a tenente de alcalde de Facenda, que quixo saír ao paso das críticas da oposición por esta medida asegurando que «o copago é unha obrigación legal, imposta pola lei de dependencia e que estableceu o bipartito da Xunta».

 

  • Noticias relacionadas

  •  

    A concelleira, que subliñou que «se non se cobra o copago pérdese a subvención», remarcou que o anterior goberno local xa orzara uns ingresos dun millón de euros por este concepto, unha previsión que se mantén para o próximo ano: «Tíñano escrito e sen aprobar porque viñan as eleccións».
     
    Por este motivo, entende Galego que só se aplicará o que xa está aprobado «por imperativo legal», e quixo tranquilizar aos usuarios asegurando que o novo sistema de pago por parte dos beneficiarios do sistema «non quere dicir que todo o mundo que recibe a axuda a domicilio vaia ter que pagar, senón que vai haber un baremo» en función da renda de cada usuario.
     
    Posible modificativo
     
    A responsable de Facenda tamén saíu ao paso das críticas vertidas polo interventor, que advertiu do «excesivo optimismo» da previsión de ingresos do orzamento, atribuíndo a indefinición das fontes de financiamento á decisión do Goberno de non aprobar os Orzamentos Xerais do Estado do 2012 ou prorrogar os deste ano. Sobre as consideración do interventor sobre a partida para subvencionar o bonobús, que entende que se podería quedar curta a pesar de subir, a edila remarcou que se subirá a achega inicial desde 4,9 a 6 millóns, «pero non poden pretender milagres», e apuntou que se recorrerá a un modificativo se non se cobren as necesidades do servizo.
     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript