Novembro de 2011
 
 

21/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O PP insinúa a idea do ´ banco malo ´ para o stock de vivenda

O voceiro económico do PP, Cristóbal Montoro, receitou este martes axudas fiscais tanto para as empresas coma para os compradores como fórmula para reflotar o sector inmobiliario no estado.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

    Fíxoo na sede da asociación de promotores APCE en Barcelona ante un nutrido grupo de empresarios do sector e o presidente desta asociación, Enric Reyna.
     
    En cambio, manifestouse en contra de fórmulas como a dación en pagamento, "que reflicten unha inquietude social pero que son fórmulas simplistas que acabarán encarecendo o crédito".
     
    Segundo Montoro, dende o PP "xamais dixemos que a responsabilidade da crise é da construción e sairemos da crise con todos os sectores económicos, cos emprendedores e tamén coa construción", que é un sector fundamental e un dos motores importantes do crecemento económico.
     
    Por iso, Montoro apostou entre outras cousas por crear algo similar a un banco malo no que "Estado e os privados compartan os riscos e que sirva para mobilizar todos os excedentes de vivenda da banca".
     
    "Todo isto hai que facelo mirando ás empresas do sector, ás que hai que dar unha facilidade fiscal para que non vivan maiores problemas dos que xa tiveron", engadiu.
     
    Montoro tamén mantivo volver poñer a desgravación fiscal á compra de vivenda, "porque a vivenda é un aforro e unha constitución de patrimonio, e é o que hai" que "estimular", ademais de manter un IVE superreducido para a vivenda nova.

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript