Novembro de 2011
 
 

21/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

A CEOE avoga por recuperar a figura do aprendiz cun salario por baixo do mínimo

O vicepresidente da patronal cre que o SMI, fixado en 641,4 euros ao mes, evita que os mozos poidan acceder a un primeiro traballo.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

    Primeiro reclamaron a flexibilidade laboral, lexislárona a través da reforma laboral (os parados seguen a medrar).
     
    Agora reclaman, para facerlle un favor á mocidade, a recuperación do contrato de aprendizaxe con salarios de 300€ (tamén coa mesma letanía, “isto favorecerá a contratación, neste caso, da xente moza”)
     
    Mañá reclamarán que traballemos gratis, isto tamén favorecerá as contratacións.
     
    Pasadomañá conseguirán que paguemos por traballar (isto aínda favorecerá máis as posibilidades de atopar traballo, canto máis pagues máis axiña atopas o traballo).
     
    A cara dura dos empresarios e capitalistas é de formigón armado. Qué facemos parados?. Hai que mobilizarse contra esta ignominia!

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript