Novembro de 2011
 
 

14/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Traballadores/ás, por que votades aos vosos verdugos?

O sistema ofrece o Plan B se o A está esgotado. O asunto é sinxelo e o engano concita a máis do 80% dos deputados electos (PP+PSOE sumarán máis de 300 deputados de 350 que ten a Cámara).

 

  • Noticias relacionadas

En apenas uns días, millóns de persoas irán ás urnas a depositar maioritariamente o voto ao PP e ao PSOE. Dende que se iniciase o modelo capitalista post-franquista, o bipartidismo veulle que nin pintado ao "novo réxime". UCD/PSOE primeiro e PP/PSOE despois, atraeron ás masas co seu poder mediático-económico e apagaron calquera intento de rebeldía.
 
O sistema ofrece o Plan B se o A está esgotado. O asunto é sinxelo e o engano concita a máis do 80% dos deputados electos (PP+PSOE sumarán máis de 300 deputados de 350 que ten a Cámara). E faino aínda sabendo que se van seguir aplicando reformas (eufemismo de recortes) letais para os traballadores. Non parece que nada diso mova o guión. Logo, haberá manifestacións con pancarta protestando polas novas medidas, pero todo dentro da orde legal e constitucional, faltaría máis; e así ata as seguintes eleccións onde se potenciará o A ou o B segundo conveña.
 
É certo, tamén hai partidos minoritarios que canalizan parte do inconformismo. É posible que, a estas alturas, ter un grupito algo disidente no Congreso forme parte do guión. Un tema que parte da esquerda non quere nin tocar porque se segue partindo da base que se en cada cita coas urnas aumenta o número de escanos poderán chegar algún dia os cambios de verdade.
 
Mentres, o rei suspende a súa axenda por un problema no talón de aquiles. Todo un símbolo de que non todo está perdido.

 

Kaosnarede

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript