14/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Os poderes económicos xa gobernan os países sen intermediarios
Até agora gobernaron na sobra, impoñendo aos gobernos títere as políticas económicas a aplicar, agora dan un paso máis sendo eles, directamente os que gobernan os países. Iso ocorrerá xa nesta semana en Grecia e Italia.
En Grecia impuxeron ao economista e
banqueiro, Lukas Papadimos, foi de
Ao volver ao seu país en 1985 ocupou o cargo de
asesor económico do Banco Nacional de Grecia e
tamén foi director do departamento de Investigación
Económica do Banco Nacional, de
Ese mesmo ano uniuse á xunta directiva do Instituto
Monetario Europeo e foi, ademais, nomeado
presidente do subcomité de política monetaria e do
comité de gobernadores de bancos centrais da
comunidade europea.
Foi en 2002 cando asumiu o seu cargo máis
importante ata agora, ao ser nomeado
vicepresidente do Banco Central Europeo, baixo
a presidencia de Jean-Claude Trichet, posto que
sostivo ata 2010.
Este, como se observa, representante directo dos
mercados no goberno de concentración de Grecia
reservou catro postos dese goberno para o partido
de extrema dereita, Laos, non é de estrañar porque
a política neoliberal que aplicará ten unha
conivencia directa coas correntes máis fascistas a
nivel político.
Pola súa parte en Italia o representante elixido
foi Mario Monti que será o primeiro
ministro que guíe a Italia pola senda do rigor que
impoñen os mercados, é conselleiro de Coca Cola,
membro do think tank económico Bruegel, forma parte
do Reflection Group que preside Felipe González,
frecuenta as reunións do club Bilderberg e é
consultor de Goldman Sachs.
Se non o evitamos os voitres económicos acabarán
impoñendo as políticas máis neoliberais o que
significará que a saída da crise será a máis
prexudicial para as clases populares, se seguimos
polo camiño que os mercados están a impoñer
perderemos a práctica totalidade dos dereitos que
tanto custou alcanzar. Non nolo podemos permitir.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript