14/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A piscina de Malpica, que custou 1,1 millóns, pechada "sine díe"
Naceu como o proxecto estrela do Plan E para Malpica. O investimento situouse en 1.140.053 euros.
Logo de dous anos de traballos,
rectificacións sobre a marcha nos planos, e unha
localización que non era do gusto de todos -as
instalacións están na zona máis alta do centro
urbano- a piscina abría as súas portas o 17 de
maio. Iso si, o seu uso e goce durou apenas un mes,
porque o goberno resultante das eleccións
municipais decidiu pechar o vaso axiña que expirou
o contrato coa concesionaria. E ata agora.
Como un partido de baloncesto que se dirime cunha
canastra no último segundo tras a disputa de dúas
prórrogas. Así se pode cualificar todo o sucedido
con este recinto. Desde o inicio, o proxecto
levantou bochas entre as forzas políticas, sobre se
era, ou non, un emprazamento idóneo situar o
recinto nunha zona que necesitaría un sistema de
bombeo para captar auga. Ademais, un erro nos
planos obrigou a recortar as dimensións do vaso,
que pasou de ter
Outro dos puntos quentes é o da viabilidade
económica do proxecto. E é que era necesario que se
abonasen cada mes 1.100 veciños para cadrar números
nunha localidade que ten censadas a 6.102 persoas.
É dicir, terían que estar dadas de alta 18 de cada
cen malpicáns para que a concesionaria obtivese a
rendibilidade esperada.
Pero a gran polémica ao redor da piscina xurdiu en
abril. O equipo de goberno de José Ramón Varela Rei
levou a pleno a aprobación definitiva do
regulamento da piscina. A oposición, maioritaria
entón (Independentes por Malpica, AVE, PP e AIM),
tombou a proposta. Con todo, o entón rexedor
anunciaba, nun mitin celebrado en Mens, que o vaso
se inauguraría o 17 de maio.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript