14/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Cinco millóns de parados
Hai 4.360.926 persoas rexistradas como parados no Servizo Público de Emprego. Nunca houbera tantos. A cifra elévase a cinco millóns se collemos a Enquisa de Poboación Activa (EPA).
Malos, moi malos, son todos os números
relacionados co emprego na actualidade. Non se
salva nin un. "Malos sen paliativos", como
cualificou os últimos datos de paro rexistrado o
ministro de Traballo, Valeriano Gómez, ao
presentalos el mesmo á opinión pública, algo que
habitualmente facía a secretaria de Estado de
Emprego. Hai 4.360.926 persoas rexistradas como
parados no Servizo Público de Emprego. Nunca
houbera tantos. A cifra elévase a cinco millóns se
collemos a Enquisa de Poboación Activa (EPA). A
diferenza entre ambos os dous datos prodúcese
porque o Ministerio de Traballo só contabiliza as
persoas que acoden ás oficinas a apuntarse ao paro,
mentres que a EPA se basea en enquisas e recolle a
todas aquelas que se consideran paradas, aínda que
non estean apuntadas no antigo INEM.
É a cifra absoluta máis alta de paro, aínda que
tamén a poboación activa aumentou. Agora hai máis
de 23 millóns de activos; ao comezar 2000, non
chegaban a 18 millóns. Hoxe, persoas que noutras
circunstancias non buscarían traballo, agora si o
fan, porque quen antes levaba os ingresos á casa
perdeu o seu emprego.
A taxa de paro máis baixa rexistrouse entre 2005 e
2007. Na crise duplicouse de sobra
A taxa de paro escalou ata o 21,5% (datos EPA do
terceiro trimestre), a máis alta rexistrada dende
1996 e subindo. O Servizo de Estudos do BBVA
prognostica un 22,1% para o ano que vén. De feito,
o ministro de Traballo recoñece que o aumento do
paro en outubro (o peor outubro dende que comezou a
crise) evidencia unha recaída da economía española
que a sitúa "máis lonxe da saída da crise".
Nos primeiros anos da última década, a taxa de paro
fórase reducindo case de forma ininterrompida e
logrou o seu nivel máis baixo na primeira
lexislatura de Zapatero: o 7,95%, no segundo
trimestre de 2007. Dende finais de 2005 ata o
inicio de
O estado español foi durante uns anos o país que
máis emprego creou en Europa, para converterse
despois no que máis emprego destrúe. Isto
prodúcese, en parte, pola alta taxa de
temporalidade que hai no noso país: un 30% dos
traballadores con contrato temporal. As empresas
prefiren prescindir dos traballadores antes que
buscar outras fórmulas alternativas. O paradóxico
hoxe é que o axuste foi tan duro que mesmo a taxa
de temporalidade baixou o 26%.
As condicións laborais, como o salario ou a
xornada, empeoraron
Seguridade Social
Peor aínda é a caída da afiliación
á Seguridade Social, tanto polo que significa en
perda de emprego coma polo que anticipa respecto ao
sostemento do sistema público de pensións. A marca
de cotizantes rexistrouse en 2007 (19.231.986 de
media anual, catro millóns máis que en 2000), pero
coa crise perdéronse máis de dous millóns.
O futuro preséntase sombrío non só porque a saída
da crise se segue atrasando, senón tamén porque os
traballadores estarán en peores condicións. Como
explica Miren Etxezarreta, catedrática emérita de
Economía Aplicada da Universitat de Barcelona: "As
empresas aproveitaron a crise para pegar un golpe
moi forte nas condicións laborais: salarios,
horarios. Iso supón dar marcha atrás 30 anos. E
pode ser permanente".
Nas mans das clase traballadora está dar a resposta
axeitada a unha situación que non creamos. Como
dicía unha pancarta na última manifestación que
convocamos, “as débedas páganse, as estafas non!!”
e esta crise é unha estafa.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript