Novembro de 2011
 
 

14/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Os ricos quéixanse, os gobernos obedecen

As micro-medidas contra os ricos só son impactos mediáticos

 

  • Noticias relacionadas

Cando o goberno toma unha pequena medida susceptible de tocar aos máis ricos, sobreactúa para facer crer que todo o mundo vai beneficiarse. Cando renuncia pouco despois, é moito máis discreto. Recordemos "a prima Sarkozy", os famosos 1.000 euros por traballador que as grandes empresas ían ter que pagar, e Sarkozy entón insistiu moito para mostrar a súa determinación de facer pagar as empresas. Uns meses máis tarde, só queda desta proposta unhas primas ridículas, que rozan a provocación, como o grupo Securitas que ofreceu 8 ? aos seus empregados.
 
Onte, foi a taxa sobre as noites en hotel de luxo a que se "esqueceu". Anunciada como unha medida de "xustiza" durante o plan de austeridade de agosto, este imposto irrisorio do 2%fue creado para o 1º de Novembro... e suprimido o 10, despois de que os patróns das cadeas de luxo chascasen os dedos ao ministro do ramo, Frédéric Lefevbre.
 
As micro-medidas contra os ricos só son impactos mediáticos. Os golpes que caen sobre as clases populares, en cambio, son sempre aplicados e nunca postos en cuestión. E non o serán en tanto unha explosión social non envíe ao lixo todas as políticas de axuste.
 
Tradución de F.P.
 
http://www.lutte-ouvriere.org

 

Kaosnarede

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript