Número 109 - 14 de novembro de 2011
 
 
UNIVERSIDADE

    Como denunciamos en reiteradas ocasións, a Universidade non só incumpre a legalidade nas licencias tanto de construción de edificios como de actividade dos mesmos, a universidade incumpre sistematicamente o establecido no Convenio Colectivo, agora non publica a vacante L607 da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas para que se poida cubrir mediante o proceso contemplado no Convenio.

UNIVERSIDADE

    Recibimos a convocatoria do Consello de Goberno que se realizará o vindeiro día 15. Transmitímosvola para o voso coñecemento. De haber algún punto que sexa do voso interese poñédevos en contacto connosco, tamén se tedes algo que desexedes se comente no dito órgano facédenolo saber.

UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA

    Desde a Liga Estudantil Galega facemos unha valoración moi positiva da xornada de folga e afirmamos que as protestas non rematan aquí.

ELECCIÓNS 20N

    A resposta é si. Cantos máis votos en branco resulten das eleccións do 20-N, maior dificultade terán os partidos minoritarios para acceder ao Congreso. Os votos en branco son aqueles nos que o sobre non contén ningunha papeleta. Nas eleccións ao Congreso tamén se conta como voto en branco aquel emitido cara a algunha candidatura legalmente retirada. E nas do Senado aquelas papeletas que non leven marcado ningún candidato.

Enquisa de Poboación Activa (EPA)

    Hai 4.360.926 persoas rexistradas como parados no Servizo Público de Emprego. Nunca houbera tantos. A cifra elévase a cinco millóns se collemos a Enquisa de Poboación Activa (EPA).

CRISE - DESAFIUZAMENTOS

    Os afectados polas hipotecas reivindican unha moratoria de tres anos para salvar os préstamos e a dación en pagamento. Os colectivos piden ao Goberno un aluguer social das vivendas que hai baleiras

PARO

    Dende o comezo da crise, hai xusto tres anos,  Galicia perdeu 127.000 postos de traballo. As persoas entre 25 e 34 anos forman o grupo de desempregados máis numeroso.

SANIDADE PÚBLICA

    A Asociación en Defensa dá Sanidade Pública reclamou ao PP que "dea marcha atrás" na súa "estratexia de recorte de dereitos sanitarios ás persoas máis desfavorecidas" que, segundo o colectivo, "deberían ser o obxectivo prioritario das actuacións dos servizos sanitarios".

CRISE CAPITALISTA

    A cuadratura do círculo, a banca despois de empregar o capital ingresado polo “goberno amigo” en repartir beneficios cando realmente está podrida polos activos tóxicos procedentes do ladrillo, reclama agora a creación dun banco público que absorba eses activos quitándolle “o marrón” de enriba. A política está clara, privatizar as ganancias e socializar as perdas.

Comite Cidadan de Emerxencia Para a Ría de Ferrol

    O próximo lúns 14 de novembro, ás 10 da mañán, no Xulgado de Ferrol, comeza o xuízo a 9 mariscadores, aos que a Fiscalía lles imputa un presunto delito de resistencia e desobediencia grave á Autoridade, como consecuencia da acción promovida polo Comité Cidadán de Emerxencia, o 7 de maio do 2007, para impedir a primeira entrada ilegal na Ría de Ferrol dun gaseiro cargado con GNL a subministrar á Planta de Gas de Reganosa.

E NAIDE NA CADEA

    Naceu como o proxecto estrela do Plan E para Malpica. O investimento situouse en 1.140.053 euros.

OPINIÓN - ISAAC ROSA

    Se como repiten dende hai meses, o que fai falta é devolver a calma aos nerviosos mercados, onte os gobernantes europeos empregáronse a fondo en lanzar mensaxes tranquilizadoras.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE - UDC
    Compañeir@s como é sabido o servizo de seguridade da Universidade da Coruña ven de saír a subasta e dende esta sección sindical queremos facer unha reflexión sobre o asunto.
 ECONOMÍA – POLÍTICA - CRISE

    Até agora gobernaron na sobra, impoñendo aos gobernos títere as políticas económicas a aplicar, agora dan un paso máis sendo eles, directamente os que gobernan os países. Iso ocorrerá xa nesta semana en Grecia e Italia.

 ECONOMÍA

    As micro-medidas contra os ricos só son impactos mediáticos

 MONARQUÍA - I. ESCOLAR

    Iñaki Urdangarin merece a mesma xustiza que todos os cidadáns: nin máis nin tampouco menos. Pero os cidadáns tamén merecemos dúas cousas.

 CONSUMO
    A Comisión Nacional da Enerxía decatouse, tras tres anos de aplicación da tarificación mensual da luz, de que o sistema crea demasiada confusión.
 LABORAL
    A Xunta dá instrucións aos facultativos para que vixíen con especial celo os permisos de curta duración. Denuncia unha "percepción indebida e considerable" sobre estas ausencias.
 DEBATE
    O sistema ofrece o Plan B se o A está esgotado. O asunto é sinxelo e o engano concita a máis do 80% dos deputados electos (PP+PSOE sumarán máis de 300 deputados de 350 que ten a Cámara).
 ECONOMÍA
    O número de empresas concursadas incrementouse nun 35,6% no terceiro trimestre do ano en Galicia, ata alcanzar as 80.
    A ENCRUCILLADA DA LINGUA
    O ciclo de conferencias "Os medios en galego, importan?" trae á facultade de Xornalismo a profesionais que falan da crise dos medios en Galicia e en galego.

     

    CHILE
    A reitoría deu á policía a orde de desaloxo. Os estudantes definirán en horas se continúan no paro indefinido, por unha educación pública, de calidade e sen lucro.

     

    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

    Luns, 14, reunión conxunta co Comité e coa Xerencia para tratar o que acontece no Edificio de Servizos Centrais de Investigación

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

    Luns, 14, reunión conxunta coa Xunta de PAS e coa Xerencia para tratar o que acontece no Edificio de Servizos Centrais de Investigación

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript