14/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O estudantado da USC di rotundamente non á Normativa de Permanencia
Desde a Liga Estudantil Galega facemos unha valoración moi positiva da xornada de folga e afirmamos que as protestas non rematan aquí.
O estudantado da USC saiu á rúa na xornada de
folga de onte, 9 de novembro, en protesta contra a
Normativa de Permanencia acadando na maioría das
facultades en torno a un 75% de seguimento dos/as
alumnos/as de grao. Na cidade de Compostela en
torno a 700 estudantes manifestáronse desde o
Toural até a reitoría reclamando a retirada da
norma e a apertura dun proceso que teña en conta á
comunidade estudantil. No Campus de Lugo por volta
dos 100 de estudantes sairon á rúa na marcha
convocada na cidade das Murallas pola nosa
organzación, que partiu do edificio de
Intercentros.
Desde a Liga Estudantil Galega facemos unha
valoración moi positiva da xornada de folga e
afirmamos que as protestas non rematan aquí. O
reitorado vén de anunciar a vontade de dialogar do
estudantado, polo que nos seguiremos a mobilizar o
que sexa preciso até conseguir a retirada dunha
normativa especialmente lesiva cos dereitos do
estudantado.
Porque esta Normativa pódese parar
e ímola parar!
A loita continúa!
* Podedes consultar as galerías de fotos de
Compostela e
Lugo.
* Toda a
información sobre a Normativa
http://ligaestudantilgalega.info/o-estudantado-da-usc-di-rotundamente-non-a-normativa-de-permanencia/
Kaosnarede
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript