14/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Crece en Galicia o número de empresas concursadas
O número de empresas concursadas incrementouse nun 35,6% no terceiro trimestre do ano en Galicia, ata alcanzar as 80.
En Galicia, o total de concursos ascendeu a
84 no terceiro trimestre, o que representa un
incremento do 27,27% e sitúa a comunidade como a
quinta con máis procesos, por detrás de Andalucía,
Cataluña, Comunidade Valenciana e Madrid. Do total,
a maior parte (81) foron voluntarios e unicamente
tres necesarios. Así mesmo, 82 deles foron
abreviados e dous ordinarios.
O instituto estatístico mostra, ademais, que en
dous casos existía proposta anticipada e en ambas
as dúas ocasións o contido incluía quita e espera.
Deste modo, dos 84 concursos rexistrados en
Galicia, catro corresponderon a persoas físicas sen
actividade empresarial (familias), e tres a
empresas constituídas por persoas físicas, nove a
sociedades anónimas;
Por actividade económica, as ramas da industria
sumaron 27 concursos, fronte aos oito do terceiro
trimestre do ano pasado, o que supón multiplicar
por máis de tres os procesos neste ámbito. Na
construción producíronse 21, un 31% máis que o ano
pasado. Entre estas dúas áreas suman 48 concursos,
o 60% dos rexistrados entre empresas.
Ademais, no comercio por maior rexistráronse 11
concursos (foron 10 hai un ano); mentres que só
unha empresa entrou en suspensión de pagamentos no
comercio minorista e vehículos (eran cinco o ano
pasado).
Tamén quebraron catro empresas de transportes, dúas
menos que no terceiro trimestre do ano pasado, unha
de hostalaría, tres de actividades profesionais,
unha de inmobiliarias financeiras e seguros e outra
de actividades administrativas. Foron concursadas
outras catro do resto de servizos e cinco que non
están clasificados, así como unha de enerxía.
Por número de asalariados, as máis numerosas foron
as que se encontran entre 10 e 19 traballadores,
con 17 casos; seguidas das que teñen entre 20 e 49,
con 14 concursos; e as que teñen entrer un e dous e
entre tres e cinco, con dez procesos en cada
franxa.
En canto ao volume de negocio, as empresas máis
afectadas polos concursos no terceiro trimestre
foron as que facturan menos de dous millóns de
euros, con 51 concursos; mentres que as que teñen
un volume de entre dous e cinco millóns foron 14;
as que están entre cinco e dez foron tres e as que
superan os dez millóns foron sete. Outras cinco non
están clasificadas.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript