Novembro de 2011
 
 

14/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Unha discriminación insoportable e intolerable

Como denunciamos en reiteradas ocasións, a Universidade non só incumpre a legalidade nas licencias tanto de construción de edificios como de actividade dos mesmos, a universidade incumpre sistematicamente o establecido no Convenio Colectivo, agora non publica a vacante L607 da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas para que se poida cubrir mediante o proceso contemplado no Convenio.

 

  • Noticias relacionadas

Estamos afeitos/as a ver correos electrónicos informando de comisión de servizos, iso é para o outro colectivo que conforma o PAS, para o persoal laboral iso existe só en parte, a Xerencia intenta limitar o uso desta ferramenta( neste caso traslado provisional) intentando limitalo a que só poida ser utilizada para cambios de quenda ou localidade. Incumpre, unha vez máis, o que establece o Convenio Colectivo (cando interesa papel para envolver ou para se limpar).
 
O exemplo do dito acontece coa praza L607, auxiliar de servizos en quenda de tarde na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas.
 
Esta praza, vacante desde fai tempo, está sen cubrir porque á Xerencia non lle apetece aplicar o establecido no Convenio Colectivo para proceder á súa ocupación, lembremos o que se di no Convenio Colectivo:
 
CAPÍTULO V.
PROVISIÓN DE VACANTES, SELECCIÓN E CONTRATACIÓN

 
2. Tipos de concurso
 
“2.6. Sistema de traslado provisional. Con carácter previo a un concurso de traslados, e de existiren prazas vacantes nun centro de traballo que posibilitaren un cambio de quenda, os/as traballadores/as deste poderanlle solicitar á Xerencia o cambio provisorio de quenda, que será atendendo ás necesidades do servizo, ata a adxudicación de prazas do seguinte concurso.
 
De non existiren traballadores/as interesados/as no centro e antes de proceder á contratación temporal, a vacante deberá ser publicada na páxina web da UDC e poderá ser solicitada por traballadores/as doutros centros. As solicitudes, neste último caso, resolveranse respectando o baremo establecido no artigo 18.2 do presente convenio.”

 
O Comité requiriu a inmediata publicación desta vacante para que os traballadores e traballadoras poidan optar á súa cobertura, a Xerencia utiliza neste tema, como noutros (RPT, Transitoria…) o método de deixar que podreza nun caixón.
 
Chegou o momento de denunciar este feito diante da opinión pública e iniciar as denuncias legais para que se restitúa a legalidade ás actuacións da Xerencia, as ilegalidades non rematan nas faltas de licencias para a edificación, forman parte da actividade doutros estamentos da Universidade, na relación co persoal laboral son habituais.
 
Outra circunstancia que convén analizar é a xestión de listas de agarda. Cando negociamos o Convenio Colectivo a Xerencia opúxose frontalmente á proposta do Comité de Empresa de que a normativa recollese a posibilidade de mellora de emprego, isto é, por exemplo, que si un interino/a ocupa, pola lista un posto de substitución e, durante o exercicio, aparece unha vacante, esta praza ofreceráselle, antes de ser ocupada mediante a lista, ao traballador con maior puntuación aínda que este estea traballando.
 
Cando se lle reclamou esta opción durante a negociación do regulamento, a Xerencia pechouse absolutamente baseándose en dúas cousas, a ilegalidade do procedemento si se cambia de posto e, no caso de cambiar o contrato, a imposibilidade de xestionalo (orixinaría un colapso) por parte do Servizo de Persoal.
 
A cerrazón da Xerencia prexudicou grandemente aos traballadores/as que se vían na obriga de desprazarse todos os días dunha localidade a outra (Coruña-Ferrol ou Ferrol-Coruña).
 
Parece que as cousas cambiaron, ou a legalidade xa non era o que é ou o servizo de persoal aumentou en efectivos e agora xa è posible a xestión deste procedemento (ningunha das cousas cambiou) porque a Xerencia na:
 
RESOLUCIÓN DE 15 DE XULLO POLA QUE SE CONSTITÚEN AS LISTAXES DE ESPERA E SE REGULA O PROCEDEMENTO PARA A COBERTURA TEMPORAL DE POSTOS DE TRABALLO DO PERSOAL FUNCIONARIO DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
 
Recolle:
 
Artigo 4°, Procedemento
 
Os chamamentos faranse de acordo coa orde que resulte do indicado no artigo 3° .
 
No caso de ser necesaria a cobertura de prazas vacantes ofertaránselle á persoa que acredite maior puntuación na listaxe, sempre que non estea ocupando unha praza que teña a condición de vacante, aínda que nese momento xa se atope vinculada por outro nomeamento en praza non vacante.”

 
Outra cousa novidosa nesta resolución é a creación dunha
 
Artigo 60

. Comisión de listaxes de espera
 
Constituirase unha comisión para resolver as reclamacións, presentadas por escrito no Rexistro Xeral, ou as discrepancias que poidan xurdir entre Xerencia e a Xunta de Persoal ao respecto da aplicación desta resolución. En calquera caso, reunirase por petición da presidencia ou de dous dos seus membros.
 
Composición:
 
Presidencia
:
• Xerente.
3 Vogais:
• O/a xefe/a do Servizo de PAS
• 1 representante designado pola Xunta de Persoal pertencente á escala de bibliotecas
• 1 representante designado poi a Xunta de Persoal pertencente á escala de administración xeral
Secretaría:
• 1 Funcionario/a do servizo de PAS, con voz e sen voto.
 
Diante das reiteradas reclamacións dos traballadores/as pola xestión de listas esta comisión instouse a súa constitución en reiteradas ocasións desde o Comité de Empresa sen éxito, daquela a Xerencia fundamentaba a negativa na confianza que tiña no servizo, parece, tamén, que a confianza ou foi caendo ou desapareceu.
 
A Xerencia diante deste cambio de criterio tiña dúas alternativas, comunicarlle este cambio ao Comité de Empresa e proceder á modificación do seu regulamento de xestión de listas ou calar a boca sen importarlle a discriminación que este feito supoñía, a Xerencia optou por esta segunda opción o que pon, unha vez máis, de manifesto o respecto que lle ten ao colectivo.
 
Este equipo de goberno ten este proceder, o que fai a man esquerda que non o saiba a dereita, o malo é que no microcosmos que é a UDC é imposible ocultar as cousas e, co paso do tempo, a xente vai coñecendo aos xestores, o peor de todo é que hai traballadores/as que os sofren na súa pel.
 
Non é a primeira vez que se quere dividir ao colectivo, o método de dividir ao PAS xa o puxo en marcha, sen éxito, o Sr. Meilán, tampouco lle dará resultado a este equipo.

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript