14/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
As contas opacas do rei?
Iñaki Urdangarin merece a mesma xustiza que todos os cidadáns: nin máis nin tampouco menos. Pero os cidadáns tamén merecemos dúas cousas.
A primeira: unha explicación do xenro do rei
e da propia Casa Real sobre a investigación
xudicial que hoxe pesa sobre o Instituto Nóos, esa
fundación "sen ánimo de lucro" onde supostamente
desapareceron centos de miles de euros do diñeiro
público. Urdangarin non é unha persoa máis: é parte
dunha institución, a coroa, que pagamos entre
todos. Por iso os cidadáns temos dereito a reclamar
a mesma información sobre este caso que pediriamos
a calquera outro representante do Estado. É o
mínimo esixible, sexa un cargo electo ou
hereditario.
Se Urdangarin e a súa muller, a infanta Cristina,
fosen políticos, en vez dos sétimos na liña de
sucesión, non reclamariamos hoxe que aclarasen como
pagaron esa mansión de
A segunda, ao fío da anterior: merecemos unha maior
transparencia para o diñeiro público que pasa polo
Pazo da Zarzuela. Nos Presupostos Xerais do Estado
só hai dous buratos negros, invisibles para os
cidadáns: os fondos reservados de Interior e
Defensa (25
millóns de euros ao ano) e a asignación á coroa
(8,4 millóns anuais). Non obstante, mesmo os fondos
reservados están máis vixiados que o diñeiro da
Casa Real porque existe unha comisión no Congreso,
con representantes de todos os grupos
parlamentarios, que fiscaliza o seu uso a porta
pechada.
A coroa é a única partida completamente opaca e, en
democracia, o opaco acaba sendo sempre moito máis
fráxil que o cristal.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript