14/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Policía chilena detén durante a madrugada 57 estudantes que participaban na toma da universidade
A reitoría deu á policía a orde de desaloxo. Os estudantes definirán en horas se continúan no paro indefinido, por unha educación pública, de calidade e sen lucro.
Un continxente de Forzas
Especiais de Carabineiros desaloxou as dependencias
da Universidade de Santiago de Chile (Usach)
durante esta mañá.
O procedemento iniciouse arredor das 05.00 horas,
cando persoal uniformado chegou á casa de estudos,
situada en Estación Central, con carros lanzaagua e
lanzagases.
De acordo á información policial preliminar, no
desaloxo detívose un grupo de 40 persoas, as cales
onte iniciaran unha nova toma do establecemento.
Onte o voceiro da Asemblea Popular, Francisco
Jofré, -movemento que realizou a toma-, criticou a
postura que adoptou a súa federación e sostivo que
a asemblea seguirá loitando polos principios de
"unha educación gratuíta e de calidade para todos".
Neste operativo, os Carabineiros (Policía
militarizada) detiveron este venres a 57 persoas,
entre elas menores de idade, por "desordes e
ocupación ilegal" nas dependencias da Universidade
de Santiago de Chile (Usach).
A Policía chilena realizou a detención en horas da
madrugada deste venres, logo de que a reitoría da
casa de estudos dese a orde de desaloxo.
Segundo a reitoría, os estudantes descoñeceron o
acordo ao que chegaran "a maioría" do alumnado de
depoñer a ocupación, pero manter a mobilización.
Entre tanto, os estudantes da Universidade de
Santiago definirán se continúan no paro indefinido,
para esixir o Goberno do presidente chileno,
Sebastián Piñera, unha educación pública, de
calidade e sen lucro.
"Hoxe decidiremos se retomamos o noso proceso de
paro, toma ou aceptamos o protocolo de acordo
presentado por reitoría, que fixa un calendario de
mobilizacións", explicou Felipe Salgado,
vicepresidente da Federación de Estudantes da
Universidade de Santiago de Chile (Feusach).
O dirixente estudantil subliñou que este venres os
universitarios tamén ían analizar a toma realizada
ás dependencias da Usach, pero neste momento se
verá que medidas se toman fronte á represión e
detención de compañerxsy docentes.
Por outro lado, Salgado explicou que as datas das
próximas eleccións para elixir os novos líderes do
recinto se saberán a mediados deste mes de
novembro.
"O máis probable é que as eleccións se leven a cabo
os primeiros días de decembro", indicou.
As eleccións da Fech atrasáronse da data
tradicional, dada a continxencia do movemento
estudantil, reprogramándose logo que o Pleno da
federación consultase a moción en cada facultade da
universidade.
Para intentar solucionar a grave crise que
experimenta o sector educativo en Chile polas
manifestacións que protagonizan os estudantes
secundarios e universitarios dende hai máis de seis
meses contra a mercantilización, o mandatario
chileno asinou este xoves un proxecto relacionado
coa creación dunha Superintendencia de Educación
Superior.
Este proxecto terá a facultade de investigar e
sancionar aos centros educativos que se lucren co
ensino, entre outros aspectos.
Así mesmo, pretende fiscalizar ás universidades,
institutos profesionais e centros de formación
técnica en aspectos como a prohibición de realizar
publicidade enganosa como pode ser acreditacións
falsas, se cobre diñeiro extra para dar exames ou
recibir certificados ou acreditacións.
A Superintendencia de Educación Superior terá a
potestade de pedir a institucións investigadas
información pertinente ao cumprimento das súas
funcións e poderá formular cargos e establecer
sancións cando se incorra nalgunha infracción.
O secretario da Federación de Estudantes da
Universidade de Chile, Cristóbal Lagos, sinalou
recentemente nunha entrevista a teleSUR que foi
difícil dialogar co Goberno que preside Piñera,
pois ao seu xuízo "é intransixente" e está "con
esas ganas de non transformar o modelo
(privatizador), senón seguir afondándoo.
O sistema educativo privatizador chileno, xurdido
durante a ditadura de Augusto Pinochet (1973-1990).
Durante ese réxime, reduciuse a menos da metade a
achega pública á educación e fomentouse a inclusión
dos privados.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript