14/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O CCE chama á cidadanía a asistir ao xuízo aos mariscadores
O próximo lúns 14 de novembro, ás 10 da mañán, no Xulgado de Ferrol, comeza o xuízo a 9 mariscadores, aos que a Fiscalía lles imputa un presunto delito de resistencia e desobediencia grave á Autoridade, como consecuencia da acción promovida polo Comité Cidadán de Emerxencia, o 7 de maio do 2007, para impedir a primeira entrada ilegal na Ría de Ferrol dun gaseiro cargado con GNL a subministrar á Planta de Gas de Reganosa.
A Fiscalía desestimou a autoinculpación de
numerosos membros do CCE que participaron nesa
acción.
O orixe do conflito e do proceso contra os 9
mariscadores, inscríbese na reubicación no interior
da Ría da Planta de Gas de Reganosa, unha
instalación ilegal como así ditaminou o TSXG. Unha
instalación que supón un perigo para a vida de
milleiros de cidadáns e cidadás e que acelera a
destrución da Ría de Ferrol, medio de vida de
centos de mariscadores/as e das súas familias.
Unha vez máis vaise a proceder a xulgar a membros
dun colectivo vítimas da degradación permanente da
Ría, namentres os responsables da ilegal e perigosa
ubicación da Planta de Gas, da destrución da Ría e
da estafa continuada á cidadanía seguen actuando
con total impunidade.
O CCE chama a cidadanía a estar presente na
celebración de dito xuízo o luns día 14 ás 10
horas, nos Xulgados de Ferrol, Rúa Coruña, s/n.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript